Arquivado en

Excelente traballo realizado polo comité desde a súa constitución o cinco de febreiro deste ano

Terceiro acordo de condicións laborais en Adecco Outsourcing na provincia de Pontevedra


Negociación Adecco

Nas asembleas celebradas no día de hoxe xoves, vinte e dous de decembro, nos locais de CCOO en Vigo, referendouse por unanimidade o acordo sobre salarios que se comezará a aplicar a partir do 1 de xaneiro de 2017.

O acordo supón a converxencia salarial progresiva en 3 anos cos salarios establecidos no Convenio de Transporte de Mercadorías de Pontevedra partindo da retribución anual de cada traballador, o cal no 3º ano quedará establecido en 14.679 eur para o Peón Especializado e para a de Xefe de Equipo en 16.091 eur. A partir do ano 2020 aplicaranse os salarios establecidos no devandito convenio.

Por outra banda, no ano 2017 revisaranse as funcións das persoas con categoría de Peón Especializado e en razón destas reclasificaranse a Oficial de 2ª (cun salario de 15.091,35 eur en 2019) ou Oficial de 1ª (con salario de 15.631,50 eur en 2019). Segue


Outra cuestión importante recollida neste acordo é que para os cálculos indemnizatorios individuais en caso de despedimento improcedente ou obxectivo e os de finalización de contrato, aplicaranse os salarios establecidos para o ano 2019.

Este acordo supón un incremento medio no salario fixo de máis do 8% en cada un dos anos. Ademais, se engadimos as melloras económica que se establecen nos dous acordos anteriores coa creación de pluses novos (Plus de distancia/desprazamento, Plus de puntualidade e asistencia, Complemento de IT ao 100% en accidente laboral e ao 75% en enfermidade común) e a regulación da bolsa de horas que supuxo un incremento importante nas horas extras; neste ano 2016 a representación de CCOO no Comité de Empresa viu recompensado o gran esforzo realizado para mellorar as paupérrimas condicións de traballo do persoal desta empresa de Multiservizos.

Pero quedan máis asuntos que tratar. Agora precísase constituír o Comité de Seguridade e Saúde no mes de xaneiro e desde este mellorar as condicións de traballo nesta materia. Tamén é necesario facer un seguimento do cumprimento dos acordos para que o esforzo realizado se vexa realmente e efectivamente compensado.

Desde que naceu este comité, o 5 de febreiro de 2016, o compromiso adquirido co persoal foi conseguir mellorar ao máximo as condicións de traballo e até a data hai que recoñecer que o cumpriu sobradamente.


Vigo a 22 de decembro de 2016

JORGE CARNEIRO PENEDO

Responsable da Federación de Servizos na provincia de Pontevedra.