CCOO asina importantes melloras económicas e sociais no convenio de comercio téxtil de Ourense
A Federación de Servizos de CCOO asinou hoxe canda outras organizacións o convenio do comercio téxtil da provincia de Ourense 2020-2022. Comisións, sindicato con máis representación na mesa de negociación, salienta que o novo convenio recolle un incremento salarial do 5 %, o que vai permitir rematar coa conxelación de salarios que padecía o persoal. Ademais do aspecto económico, conséguense importantes melloras sociais en cuestións como as licenzas, excedencias ou clasificación profesional. Ler máis.
CCOO ponlle nome á precariedade e explotación laboral no comercio: «traballar gratis é escravitude»
A Federación de Servizos de CCOO inicia en todo o Estado unha campaña para denunciar a precariedade e as cargas de traballo «extremas» no sector do comercio. En Galicia, segundo o informe que o sindicato presentou este martes, esta rama da actividade está marcada pola temporalidade e, sobre todo, o predominio da xornada parcial. Todo isto, malia que foi considerado un sector considerado «esencial» durante a pandemia, o cal non se traduciu nunha mellora das condicións laborais. Ler máis
CCOO Servizos volve a ser o sindicato máis votado en CTAG
Tras celebrarse no día de onte as eleccións sindicais no Centro Tecnolóxico do Automóbil en Galicia (CTAG), a candidatura presentada por CCOO foi novamente a máis votada polo persoal.
Este resultado é consecuencia do gran traballo realizado durante o últimos catro anos dentro da empresa. Cunha participación do 70% do persoal o novo comité estará composto do seguinte xeito: CCOO: 8 delegadas /vos. 203 votos, CIG: 7 delegadas/vos.162 votos, IdeC: 6 delegadis/as.143 votos
Tras unha campaña intensa onde tivemos que lidar con prácticas antidindicales doutras candidaturas, desde CCOO Servizos queremos agradecer ao persoal a súa participación nas eleccións e o apoio recibido tal como amosan os resultados.
Desde CCOO Servizos comprometémonos a seguir traballando como sempre en beneficio de todo o persoal durante os seguintes catro anos.
Primeira reunión do convenio de hostalaría de Lugo
O pasado mércores 24 de Novembro tivemos a primeira reunión da negociación do convenio de hostalaría provincial de Lugo, logo da formalidade de constituir a mesa negociadora.
Expuxemos a necesidade de actualizar o convenio tanto na súa parte social como na parte salarial, donde entendemos que os salarios non se corresponden ca media xeral da hostalaría de Galicia. A nosa proposta é clara e presentamos uns incrementos salariais que afectan á totalidade das categorías profesionais.
A resposta da patronal limítase a sinalar que a situación actual da pandemia impide poder aplicar incrementos salariais, salvo en casos contados a onde non chega o SMI.
Por outra banda, con respecto ás melloras sociais que pretendemos incorporar ao convenio en puntos como vacacións, licenzas festivos etc, non se pararon a debatilas, quedando emprazados para unha próxima reunión o vindeiro 15 de decembro de 2021.
CCOO inicia unha campaña para denunciar a precariedade e as cargas de traballo extremas no sector do comercio
A temporalidade y, sobre todo, a parcialidade definen as condicións de traballo do sector do comercio. Un sector considerado esencial durante a pandemia, cun gran número de convenios bloqueados e cadros de persoal que soportan durante os últimos meses do ano unhas cargas extremas de traballo.
Aínda que o sector do comercio afronta a campaña de vendas de final de ano con máis persoal do que tiña antes da pandemia (o terceiro trimestre de 2021 pechou con 17 748 persoas ocupadas máis ca o mesmo período do 2019), hai que ter en conta que aínda quedan máis de 1300 en situación de ERTE no ramo. Ler máis




















