Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Union Comarcal Lugo, Hostalaría, Accion sindical

Primeira reunión do convenio de hostalaría de Lugo


O pasado mércores 24 de Novembro tivemos a primeira reunión da negociación do convenio de hostalaría provincial de Lugo, logo da formalidade de constituir a mesa negociadora.

Expuxemos a necesidade de actualizar o convenio tanto na súa parte social como na parte salarial, donde entendemos que os salarios non se corresponden ca media xeral da hostalaría de Galicia. A nosa proposta é clara e presentamos uns incrementos salariais que afectan á totalidade das categorías profesionais.

A resposta da patronal limítase a sinalar que a situación actual da pandemia impide poder aplicar incrementos salariais, salvo en casos contados a onde non chega o SMI.

Por outra banda, con respecto ás melloras sociais que pretendemos incorporar ao convenio en puntos como vacacións, licenzas festivos etc, non se pararon a debatilas, quedando emprazados para unha próxima reunión o vindeiro 15 de decembro de 2021.