Convenio comercio alimentación Coruña: Nova decepción
Pouco que dicir na nova reunión da mesa do convenio celebrada onte mércores, e nova decepción: A patronal propón un Convenio de “estabilidade” que dure 8 anos sen ningunha proposta de incremento salarial.
En CCOO preguntámonos para quen é a “estabilidade” cando a pretensión é que dure 8 anos nos que nada se poderá negociar nin mellorarse ademais de non aceptar moitas das nosas propostas: Ler máis
Negociación do Plan de Igualdade de COREMAIN
Con data 9 de febreiro do 2022 procedeuse a constituír a mesa de negociación do II Plan de Igualdade de ámbito estatal da empresa COREMAIN, dacordo ao establecido polo RD-901/2020, que indica que as empresas teñen a obriga de negociar e elaborar un Plan de Igualdade para garantir a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación.
Neste caso, ao existir centros de traballo con representación legal das persoas traballadoras (Santiago de Compostela) e centros de traballo sen representación legal das persoas traballadoras (RLPT), Pontevedra e Madrid, terase que constituír unha comisión mixta composta pola RLPT dos centros de traballo con representación e polos sindicatos máis representativos a nivel estatal e/ou no sector en representación dos centros de traballo sen RLPT para a negociación do Plan de Igualdade. Ler máis
Negociación do Plan de Igualdade de DENODO
O pasado 24 de abril do 2021 procedeuse a constituír a mesa de negociación do primeiro Plan de Igualdade de ámbito estatal da empresa DENODO, de acordo ao establecido polo RD-901/2020, que indica que as empresas teñen a obriga de negociar e elaborar un Plan de Igualdade para garantir a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación.
Neste caso, ao non existir Representación Legal das persoas Traballadoras, as empresas deben dirixirse aos sindicatos máis representativos a nivel estatal e/ou no sector para a negociación do Plan de Igualdade. Ler máis
Suspensión Plenario da Sección Sindical de CCOO en BBVA Galicia
A Comisión Executiva da Federación de Servizos de Galicia, en reunión extraordinaria o 11/02/2022, aprobou a suspensión das asembleas e plenarios da Sección Sindical de BBVA de Galicia que se ían levar a cabo no trascurso deste mes e finalizarían o próximo día 8 de marzo, para a renovación dos seus órganos de dirección. Ler máis
CCOO esixe aproveitar o pulo da reforma laboral para reducir a precariedade da hostalaría en Galicia
Comisións Obreiras (CCOO) inicia unha campaña co obxectivo de aproveitar o pulo da reforma laboral para reducir a precariedade da hostalaría en Galicia, unha situación que padecen de maneira especial as mulleres. Para CCOO, non hai escusas para non reducir as taxas de traballo temporal, de contratación a tempo parcial ou de horas extras non remuneradas. Neste punto, o sindicato advírtelles ás empresas que «traballar gratis é escravitude». Ler máis




















