Archivado en Noticias, Comunicado breve, Elecciones sindicales, Condiciones de trabajo, Union Comarcal Vigo, Multiservizos

Despois dun proceso electoral marcado por varias impugnacións por parte da empresa

CCOO Servizos gaña as eleccións en Adecco Outsourcing Vigo

A Federación de Servizos de CCOO gañou as eleccións sindicais en Adecco Outsourcing en Vigo. Coa vitoria de Comisións remata un proceso que o sindicato cualifica de "accidentado", pois prolongouse case dez meses.

O proceso electoral foi obxecto de numerosas impugnacións dada a actitude da empresa, que o "bloqueou e retrasou" durante meses. Nesta actitude contou coa axuda do sindicato "corporativo" FASGA, así cualificado nunha sentenza xudicial sobre o caso.
Malia os atrancos referidos, a candidatura de CCOO impúxose ás de FASGA, pois logrou catro dos cinco membros do comité, mentres que unha terceira candidatura, da UGT quedou, sen representación.
CCOO atribúe boa parte do éxito da candidatura á "implicación" dos seus integrantes, así como á "sintonía" coa maior parte do persoal da empresa. Tamén influíu positivamente que o sindicato presentara recentemente un conflito colectivo pola bolsa de horas imposta por Adecco.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

Da Federación de Servizos de CCOO agradécenlle á candidatura o traballo realizado e ao conxunto do persoal o seu apoio. Reitera, ademais, o compromiso para "erradicar" a precariedade laboral, tanto nesta empresa como nas restantes darama de actividade denominada "multiservizo", cuxos convenios colectivos "condenan" o persoal  a soldos de 800 euros ao mes por xornadas de máis de 40 horas e en moitas ocasións bolsas horarias "abusivas".

CCOO agradece ao plantel e á candidatura o apoio recibido e reitera o seu compromiso para erradicar a precariedade laboral e continúa a súa ofensiva nas empresas denominadas "multiservizos" ou "Outsourcing", onde os convenios colectivos propios condenan ao persoal  a soldos de 800 euros ao mes por xornadas de máis de 40 horas e en moitas ocasións bolsas horarias abusivas.

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es