Archivado en Nota de prensa, Empleo, Condiciones de trabajo, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Unión Comarcal A Mariña, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Autónomos, Comercio, Contact Center, Planificación e Consultorías, Sector Financeiro, Servicer

A Federación de Servizos de CCOO reúnese cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia está a manter reunións cos distintos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular ao Banco Santander. Hoxe celebráronse reunións cos grupos políticos En Marea e Partido Popular , estando previsto para mañá, día 14, un encontro co PSG.

Nas xuntanzas de hoxe, a delegación de CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral, Lucía Trenor, a responsable da sección sindical do Banco Popular, Carmen Peteiro, e polo responsable do sector financeiro de CCOO, Francisco Villares. Segue




Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

 Desde o sindicato alertaron das «graves» repercusións sociais que para a nosa terra tería o desmantelamento dunha entidade financeira «netamente galega» e pedíronlles aos partidos políticos que se impliquen na defensa do emprego e das condicións laborais.

CCOO-Servizos estendeu esa petición tanto aos postos de traballo directos -case o 12% do persoal do Popular, unhas 1430 persoas, está en Galicia-, como ás empresas vinculadas  -comercializadoras do parque inmobiliario do banco, centros de chamadas, etc.,- que suman unhas 500 persoas.

Reacción dos grupos

O Grupo Parlamentario de En Marea coincidiu con CCOO no rexeitamento a posibles despedimentos e peches de oficinas, así como na defensa da Fundación Barrié, cuestións que levará ao debate parlamentario. Do Grupo Parlamentario Popular tamén amosaron preocupación por estes puntos e solicitarán a mediación do presidente da Xunta para a defensa dos dereitos laborais e dos intereses da cidadanía.

Traballo coordinado de CCOO

CCOO-Servizos ten a representación maioritaria no ámbito estatal e nas empresas afectadas, isto é, tanto nos dous bancos como nas empresas que lles prestan servizos. Asemade, todas as seccións sindicais implicadas están a traballar coordinadamente desde que se coñeceu a operación de compra.

Isto entra dentro do calendario de encontros que se estenderán á dirección do Banco Santander e Universal Support -centro de chamadas, contact center, con máis de 200 persoas afectadas-, tamén nesta semana.

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es