Archivado en Nota de prensa, Condiciones de trabajo, Unión Comarcal A Coruña, Contact Center, Accion sindical
Teleperformance Coruña utiliza a crise sanitaria para explotar e sancionar o persoal
Teleperformance, en Agrela, é unha empresa de Contact Center, que ocupa a máis de 800 empregadxs en A Coruña, dando servizo a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas como doutros sectores. Segundo indica na súa páxina web, forma parte do 20% de empresas que están contratando durante a crise sanitaria.
O Comité de empresa de Teleperformance Coruña denuncia que a empresa continúa aproveitando a crise sanitaria do Covid-19 para explotar e sancionar o cadro de persoal en pleno estado de alarma. Ler máis
Ante esta situación decidiu convocar PAROS PARCIAIS o próximo día 30 de novembro de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas, acompañados dunha CONCENTRACIÓN de traballadoras/es frente á empresa de 11:30 a 12:00 horas.
O OBXECTIVO dos paros parciáis consiste en que a empresa se aveña a:
- Retirar as sancións de suspensión de emprego e soldo de 30 días na campaña de Orange que afectan a 5 persoas e se facilite ó persoal unha formación axeitada en todos os ámbitos.
- Cesar os descontos en nómina por incidencias técnicas responsabilidade de Teleperformance e tamén das presións ao persoal para que recuperen ditos tempos, tal como se lles requiriu por parte da Inspección de Traballo e cuxo requerimento ignoran.
- Que a empresa facilite un teléfono móbil e a correspondente líña se quere que o persoal empregue o móbil para traballar, ademáis de facilitar os equipos necesarios para teletraballar.
- Que a empresa garanta o dereito á desconexión dixital do persoal como establece a lei, de forma que o persoal traballe só durante a súa xornada laboral.
A convocatoria de folga prodúcese como consecuencia de ter resultado infructuosas as xestións realizadas coa dirección para acadar un acordo en torno ós temas que motivan as accións a levar a cabo. A día de hoxe a empresa non manifestou a súa intención de falar co Comité.
CCOO - CIG - UGT - CGT
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Calendario Laboral 2024. Publicado en el BOE
Alcanzado acuerdo en el proceso de Modificación Sustancial de Condiciones de Trabajo en Hipermercados Carrefour
Mejora tus conocimientos en Ofimática
Convenio Colectivo de Hostelería de las Illes Balears
CCOO exige garantías para las plantillas en BBVA y Banco Sabadell, ante el anuncio de una potencial fusión