¿Defender tus derechos?

Defiende tus derechos.  Afíliate a CCOOAcceso a Zona afiliacion

Consultas Laborales

Consultas laborales más frecuentes. Si no la encuentras, pregúntanos.

Convenios Colectivos

Convenios Colectivos aplicables en Galicia


A Xustiza condena a Froiz por represaliar unha delegada sindical de CCOO

A Xustiza condena a Froiz Supermercados por sancionar sen motivo unha delegada de CCOO

sentenza condena Froiz

O Xulgado do Social n.º 1 de Lugo acaba de condenar a empresa Froiz Supermercados por sancionar indebidamente unha traballadora que ten a condición de delegada por CCOO e presidenta do comité de empresa en Lugo.

A sentenza condena e obriga a empresa a anular a sanción, a lle aboar os salarios non percibidos e a indemnizar por danos morais a delegada de CCOO, pois quedou probado en sede xudicial que a sanción obedecía a unha represalia polas funcións sindicais exercidas pola traballadora.

Amais desta traballadora delegada de CCOO, outra compañeira, tamén delegada de CCOO, foi sancionada. A Federación de Servizos de CCOO en Galicia impugnou tamén esta sanción e confían en que a empresa sexa novamente condenada pola mesma práctica antisindical demostrada no primeiro xuízo. 

A Federación de Servizos de CCOO en Galicia lamenta que nunha empresa da envergadura de Froiz Supermercados se sigan utilizando nestes tempos prácticas antisindicais polo feito de actuar en defensa dos dereitos e intereses do persoal.


Traballar menos para traballar mellor. Pola redución da xornada sen redución do salario

Redución xornada laboral

CCOO e UGT convocamos mobilizacións este 26 de setembro en A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra para forzar a patronal a «presentar dunha vez» propostas para a redución da xornada laboral. Defendemos unha xornada máxima legal de 38,5 horas en 2024 e de 37,5 en 2025.

É o momento de ir cara a unha redución do tempo de traballo por lei: as empresas contan con marxes que non pararon de crecer mentres que os soldos non o fan ao mesmo ritmo. Ademais, é unha boa forma de inducir unha produtividade a longo prazo.

Galicia e España deben decidir que camiño elixen para que as empresas sexan rendibles e ha pasar por bos salarios e xornadas laborais máis reducidas, ao tempo que se inviste en formación, en tecnoloxía e dixitalización.

CCOO, que nos mobilizaremos xunto a UGT, queremos lembrar que hai máis de corenta anos que se instaurou a xornada laboral máxima de 40 horas semanais, polo que «xa vai sendo hora» de reducila.

____________________

O xoves, 26 de setembro, concentrarémonos diante das sedes provinciais das patronais na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Non faltes!!

enlightened A Coruña. Ás 11.30 h na praza de Luís Seoane, n.º 1.

enlightened Lugo. Ás 11.30 h na praza de Santo Domingo, n.º 6.

enlightened Ourense. Ás 12 h na praza das Damas, n.º 1.

enlightened Vigo. Ás 11.30 h na rúa de García Barbón, n.º 104.


Publicación de candidaturas á asemblea/plenario de Caixabank

Logo CCOO Caixabank

De conformidade co establecido nas Normas da Asemblea/Plenario de Caixabank Galicia (publicadas anteriormente aquí), quedan publicados os seguintes documentos:

Candidaturas proclamadas


O persoal do Decathlon Santiago aumenta o seu apoio a CCOO Servizos, malia os obstáculos impostos pola empresa

Eleccións Decathlon Santiago

Desde a sección sindical de CCOO do Decathlon Santiago queremos comunicar os resultados das eleccións sindicais recentemente celebradas no centro de traballo, así como destacar os obstáculos que a nosa candidatura tivo que afrontar durante o proceso electoral.
A pesar dos intentos da empresa por limitar a presenza de CCOO nestas eleccións mediante sancións e despedimentos de varios dos nosos candidatos e candidatas, os resultados obtidos mostran a confianza que as  persoas traballadoras seguen depositando na nosa labor sindical:


    • Técnicos: SGICD obtivo 1 delegado con 6 votos. CCOO non se presentou nesta categoría.
   • Especialistas: 2 delegados de CCOO con 32 votos e 2 delegados de SGICD con 22 votos, quedando CCOO a tan só tres votos da maioría.
Ademais, rexistráronse 1 voto nulo e 1 voto en branco.


É importante resaltar que, aínda que non conseguimos máis delegados que outras candidaturas, CCOO foi a forza sindical con máis votos totais no conxunto das eleccións. Este resultado evidencia o apoio da maioría dos traballadores e traballadoras do centro ao noso traballo e o noso compromiso coa defensa dos seus dereitos, a pesar das presións e dificultades impostas pola empresa.
Dende CCOO seguiremos traballando con firmeza para garantir a protección e mellora das condicións laborais de todas as persoas traballadoras no Decathlon Santiago, e agradecemos profundamente o apoio recibido.


Para o sindicato, esta posibilidade é prexudicial para as persoas traballadoras e dificulta aínda máis a conciliación da vida laboral e familiar

CCOO Servizos reitéramoslle á Xunta de Galicia a nosa oposición á apertura dos comercios durante domingos ou festivos

Apertura domingos festivos comercio

A Federación de Servizos de CCOO reiterámoslle á Xunta de Galicia o noso rexeitamento á apertura dos comercios en domingo ou durante festivos. Así llo fixemos saber á Dirección Xeral de Comercio e Consumo ante a consulta trasladada que o departamento autonómico nos trasladou ao sindicato para coñecer a nosa posición ante esta medida.

Cómpre lembrar que o artigo 5.1 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, permite a apertura dos comercios un máximo de dez domingos e festivos ao ano. Asemade, o artigo 6.1 da citada norma sinala que a Xunta consultará —antes do 15 de outubro do ano anterior— esta posibilidade con diversas entidades, entre elas os sindicatos do sector.

Ano tras ano, CCOO rexeitamos esta medida por considerarmola «prexudicial» para as condicións de traballo das persoas que traballan no sector e ser un elemento que contribúe á precariedade a través de prolongacións de xornada, amais de impedir a conciliación da vida laboral e familiar.

Na nosa opinión, sen estas aperturas extraordinarias, o horario comercial "xa abastece suficientemente" as necesidades da poboación, polo que a medida unicamente xeraría un «prexuízo notorio» para os traballadores e traballadoras do comercio.

Acompañamos carta de contestación:

 

Contestación carta Xunta Galicia aperturas comercio domingos festivos


CCOO Servizos mobilizámonos en Santiago contra Decathlon, condenada pola Audiencia Nacional por prácticas antisindicais

Concentración Decathlon

Comisións Obreiras (CCOO) convoca mobilizacións contra as «actitudes antisindicais e anticonstitucionais» de Decathlon, empresa recentemente condenada pola Audiencia Nacional por vulnerar os dereitos das delegadas e delegados sindicais. Por este motivo, haberá unha concentración o vindeiro luns, 12 de agosto, das 12 ás 13 horas, diante da tenda que a compañía ten no polígono de Costa Vella (Santiago de Compostela).

O pasado mes de xuño, a Audiencia Nacional deulle a razón a CCOO mediante unha sentenza en que aprecia a «evidente mala fe» de Decathlon España e estimou que a «vontade» da empresa é «contraria […] a respectar os dereitos dos seus delegados sindicais». O tribunal impúxolle á empresa unha multa de 3.000 euros así como unha indemnización ao sindicato doutros 30 000 por danos e prexuízos.

 

Tentativa de intimidar a CCOO

Malia este precedente, Decathlon España continúa reincidindo nestas prácticas, neste caso interferindo nas eleccións sindicais do centro de traballo de Costa Vella, en Santiago de Compostela, mediante a comunicación de sancións e despedimentos para «tentar intimidar as persoas que se presentan polas nosas candidaturas».

Concentración contra antisindical Decathlon

 

 

 

 

____________________________________

enlightenedActualización: Hoxe, día 12 de agosto, concentrámonos contra as actitudes antisindicais e anticonstitucionais de Decathlon. A continuación amosamos imaxes e vídeo das concentracións:

Concentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicaisConcentración Decathlon prácticas antisindicais  

 


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones