Archivado en Jornada, Convocatorias, Accion sindical

Traballar menos para traballar mellor. Pola redución da xornada sen redución do salario
CCOO e UGT convocamos mobilizacións este 26 de setembro en A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra para forzar a patronal a «presentar dunha vez» propostas para a redución da xornada laboral. Defendemos unha xornada máxima legal de 38,5 horas en 2024 e de 37,5 en 2025.
É o momento de ir cara a unha redución do tempo de traballo por lei: as empresas contan con marxes que non pararon de crecer mentres que os soldos non o fan ao mesmo ritmo. Ademais, é unha boa forma de inducir unha produtividade a longo prazo.
Galicia e España deben decidir que camiño elixen para que as empresas sexan rendibles e ha pasar por bos salarios e xornadas laborais máis reducidas, ao tempo que se inviste en formación, en tecnoloxía e dixitalización.
CCOO, que nos mobilizaremos xunto a UGT, queremos lembrar que hai máis de corenta anos que se instaurou a xornada laboral máxima de 40 horas semanais, polo que «xa vai sendo hora» de reducila.
____________________
O xoves, 26 de setembro, concentrarémonos diante das sedes provinciais das patronais na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Non faltes!!
A Coruña. Ás 11.30 h na praza de Luís Seoane, n.º 1.
Lugo. Ás 11.30 h na praza de Santo Domingo, n.º 6.
Ourense. Ás 12 h na praza das Damas, n.º 1.
Vigo. Ás 11.30 h na rúa de García Barbón, n.º 104.
Información ante alerta meteorológica
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Calendario Laboral 2025. Publicado en el BOE
Publicación en el BOCM del nuevo Convenio de Oficinas y Despachos 2025-26
Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social
Convenio Colectivo de Comercio Textil de la Comunidad de Madrid