Adecco Outsourcing despide o presidente do comité de empresa de Pontevedra, xesto que CCOO tacha de represión
A Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Servizos) denuncia o despedimento do presidente do comité de empresa de Adecco Outsourcing en Pontevedra. O afectado, Rafael López, encabezara un proceso de eleccións sindicais que a compañía demorou un ano. So o pretexto da «estraña» (segundo o sindicato) desaparición do servizo en que López traballaba, a empresa «manobrou» para o despedir «por causas obxectivas».
Lucía Trenor, elixida secretaria xeral da Federación de Servizos de CCOO de Galicia.


10 de Marzo - Día da Clase Obreira Galega do 2017
Hoxe, 10 de Marzo de 2017, conmemoramos o aniversario daquela tráxica data de loita, pero tamén de honra e de dignidade da clase obreira galega. Daquela, os traballadores e traballadoras da Bazán pelexaban polo seu convenio colectivo, por un salario digno, contra a carestía da vida, por mellores condicións de vida e polas liberdades democráticas. Hoxe, 45 anos máis tarde, a cerna daquelas reivindicacións é a mesma: seguimos loitando polos convenios colectivos, porque son o único instrumento válido para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores e porque con eles se aplica a primeira repartición da riqueza nas empresas.
8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres
Hoxe en día, ter un traballo e un salario non garante unhas mínimas condicións de vida porque os ingresos non abondan para cubrir as necesidades básicas das mulleres. Esta realidade, xunto coa destrución de emprego, o traballo a tempo parcial, a eventualidade e a segregación ocupacional, configuran un panorama no que é difícil pensar sequera en ter fillas ou fillos. Galicia despobóase, a media de idade aumenta. Galicia empobrécese porque as mulleres se empobrecen, vítimas da precariedade. Son imprescindibles políticas públicas que creen emprego de calidade e que corrixan con efectividade a desigualdade. Mentres non se actúe nesa dirección, as galegas seguirán abocadas á pobreza e á emigración. Segue


Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva
UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia convocaron para hoxe mércores, día 22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva. Os sindicatos lembran que o actual escenario económico vén definido polo continuo do crecemento do produto interior bruto, un 3,3 en Galicia en 2016 e uns prognósticos de aumento para 2017 do 2,4 %. CCOO e UGT entenden que esta incipiente recuperación da economía se debe traducir nunha mellora, tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras máis de oito anos de crise.



















