¿Defender tus derechos?

Defiende tus derechos.  Afíliate a CCOO. Acceso a Zona afiliacion

Consultas Laborales

Consultas laborales más frecuentes. Si no la encuentras, pregúntanos.

Convenios Colectivos

Convenios Colectivos aplicables en Galicia


Establécese a obrigatoriedade de control de presenza diario con rexistro de entrada e saída

Firmado o Convenio Colectivo de Hostalaría da provincia de A Coruña que beneficiará a 20.000 traballadoras e traballadores

convenio hostalaría coruña

O 24 de abril de 2017, despois dunha intensa negociación que viña desenvolvéndose desde a finalización da vixencia do anterior convenio en decembro de 2015, conseguimos chegar a un acordo de Convenio Colectivo para o sector da hostalaría da Provincia da Coruña.

O acordo está asinado polas centrais sindicais CCOO e UGT sobre a base do anterior texto de Convenio Colectivo, cunha serie de melloras que queremos destacar:

- Vixencia 2016-2018.

- Xornada máxima anual de 1792 horas, con control de presenza diario e rexistro de hora de entrada e saída.

- Descanso de 15 minutos para xornadas de cinco horas ou máis.

- Salario 2016 sen incremento.

- Salario 2017 Incremento sobre táboas do 1,5% con revisión de IPC

- Salario 2018 Incremento sobre táboas do 2% con revisión de IPC

- Ultraactividade do convenio unha vez finalizado e mentres se negocia un novo, ata 24 mes máis do que indique a lei.

Conseguimos que por fin apareza por escrito no Convenio Colectivo a OBRIGATORIEDADE DE CONTROL DE PRESENZA DIARIO CON REXISTRO DE ENTRADA E SAÍDA, como un paso primordial para poder controlar os excesos de xornada diarios, a falta de descanso diario e semanal, o traballo en festivos sen que estes se recuperen ou a fraude da contratación a tempo parcial daquelas persoas que fan tantas horas extras que chegan a tempo completo.

A dificultade de incluír este artigo, vese reflectida en que unha parte da patronal negouse a asinar o acordo de Convenio Colectivo.

CCOO non vai parar ata conseguir que a famosa frase de que "na hostalaría non hai horarios", quede no esquecemento e os traballadores e traballadoras de Hostalaría poidan ter unhas condicións de traballo que lles permitan conciliar a súa vida laboral e familiar, tal e como fan o resto de traballadores e traballadoras deste país.

Entrevista na cadea SER: A partir do minuto 12:05, Juan Zas, Secretario de Acción Sindical da Federación de Servizos de CCOO analiza a recente firma do Convenio de Hostalaría de A Coruña e a inclusión da obrigatoriedade de control de presenza diario con rexistro de entrada e saída.


CCOO gaña as eleccións sindicais en MediaMarkt Vigo e mellora os resultados anteriores

ELECCIONS MEDIA MARKT VIGO

A composición do comité no anterior mandato era de dúas/dous delegadas/os para CCOO, dúas/dous para CIG e un para Fetico. Nesta nova convocatoria partíase dun censo de 65 persoas para elixir tres delegadas/os no grupo de especialistas e dúas/dous no de técnicas/os.

Un vez realizado o escrutinio CCOO obtén tres delegadas/os (2 en especialistas e 1 en técnicos), CIG un e Fetico un.

Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de MediaMarkt Vigo a súa implicación no proceso electoral e a súa confianza no noso sindicato, cuxas delegadas e delegados, desde o primeiro día que foron elixidos traballaron duramente para mellorar as condicións laborais de todo o personal, o cal, agora, recoñeceu esa labor cos seus votos, o que nos permite renovar o noso compromiso de seguir traballando para estar á altura das súas expectativas.



CCOO Servizos mellora a súa representatividade en DIA SA (Lugo)

Eleccións en DIA SA

Onte luns, día 3, celebráronse eleccións en DIASA Lugo (Supermercados DIA% Lugo) cun resultado de dúas delegadas CCOO e tres de Fetico.
Excelente resultado se temos en conta que o anterior comité de empresa estaba conformado por nove delegadas (tres de CCOO), pero que a diminución do persoal debido entre outras causas ao franquiciado de varias tendas provocou que o novo comité estea conformado agora por 5 delegadas.
As representantes de CCOO iniciarán agora o seu traballo sindical cunha meta definida, que é conseguir mellorar e resolver todos aquelas cuestións que propoñiamos na nosa campaña electoral:

  • Acabar co costume de poñer diñeiro en caixa para compensar os descadres. 
  • Acabar coas horas de máis que non están compensadas nin pagas, coa implantación dun sistema de fichaxe. 
  • Acabar coas xornadas maratonianas, cando se fai unha implantación pola apertura dunha nova tenda.
  • Acabar co risco e perigo de estar soas na tenda.

CCOO Servizos quere agradecer ao persoal a súa participación no proceso e especialmente a quen apostou pola nosa candidatura á hora de elixir a súa papeleta de votación.



CCOO decidiu non asinalo desde a responsabilidade e a defensa dos dereitos laborais

Publicado o Convenio Colectivo Comercio Alimentación de A Coruña

Convenio Colectivo Comercio Alimentación Coruña

Trala sinatura do preacordo e tal como se informou o vinte de decembro de 2016, CCOO decidiu non asinalo en base a:

  • Por unha parte ao recorrido que aínda quedaba para o proceso negociador e a posibilidade de iniciar campañas de mobilizacións e folga
  • Por outra a unha serie de temas fundamentais que era importante mellorar respecto ao convenio anterior:  
    • Non reduce a xornada laboral: é un dos convenios coa xornada anual máis alta e non considera un mínimo de sábados libres ao ano
    • Non regula o control de presenza polo que se seguirán producindo prolongacións irregulares de xonada
    • O incrementos salariais son insuficientes
    • Non referencia o mantemento do poder adquisitivo ao IPC


CCOO Servizos obtén toda a representatividade en DÉCIMAS (A Coruña, Ferrol e Santiago)

Eleccións en Décimas

CCOO gañou as eleccións sindicais ao ter sido elexidas as tres delegadas de personal que se presentaron, quedando a CIG sen representación.

CCOO mellora os resultados obtidos nas anteriores eleccións en Sport Street S.L., empresa da que provén Décimas SLU, despois da segregación en distintas marcas.

Cabe salientar que o plantel é maioritariamente feminino e que estre feito se reflectiu na elección das representantes. CCOO quere expresar o seu agradecemento ás persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza nas Comisións Obreiras.


O Comité de Empresa, integrado por cinco membros de CCOO, logra un acordo de melloras laborais

Asinado acordo económico en Randstad Project

randstand project

No día de hoxe asinouse o primeiro acordo económico entre a dirección de Randstad Project e o Comité de Empresa co que se consegue mellorar os salarios do colectivo que presta os seus servizos para a empresa GEFCO en Vigo, nun porcentaxe superior ó 8%.

Este acordo baséase en dous aspectos fundamentais, os cales teñen un compoñente económico claro e que consegue mellorar os baixos salarios destes traballadores e traballadoras. Estes dous aspectos son por unha banda a regulación da xornada laboral e por outro as condicións económicas que se rexen por un moi baixo convenio de empresa. Segue


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones