¿Defender tus derechos?

Defiende tus derechos.  Afíliate a CCOOAcceso a Zona afiliacion

Consultas Laborales

Consultas laborales más frecuentes. Si no la encuentras, pregúntanos.

Convenios Colectivos

Convenios Colectivos aplicables en Galicia


CCOO Servizos gaña as eleccións en Froiz Lugo

eleccións froiz lugo

Onte, vintesete de xuño, celebráronse as eleccións sindicais da empresa Froiz de Lugo. Na súa anterior edición os resultados foron de sete delegados/as para o sindicato USO e dous para CCOO.
Nesta ocasión é importante destacar a participación da maioría dos tralladores e traballadoras da empresa e sobre todo a implicación neste proceso de toda a afiliación e simpatizantes de CCOO, conseguindo uns resultados moi positivos, nos cales CCOO revalidou a súa presenza no comité ao acadar catro dos membros elixidos no colexio de especialistas. 
O resto de sindicatos participantes, UGT e USO quedáronse en dous e tres representantes electos, respectivamente.

CCOO agradece o respaldo do persoal pola súa participación democrática e polo apoio outorgado aos nosos candidatos e candidatas, comprometéndonos a traballar para ser útiles e eficaces e poder intervir con máis garantías no devir da empresa e do sector.


Asinado o Convenio de Hostalaría da provincia de Pontevedra

convenio hostalaría pontevedra

Tras 18 reunións da mesa negociadora que comezaron o dous de marzo de 2017, o pasado dezaoito de xuño asinamos o Convenio de Hostalería da provincia de Pontevedra, que manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2021. (segue)


O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo

Unión Comarcal Arousa

O vindeiro día 27 de xullo de 2018 terá lugar o congreso extraordinario da U.C. de CCOO de Arousa convocado pola comisión xestora da U.C. de Arousa.
Como afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar nesta renovación de CCOO (segue)


O Hostal dos Reis Católicos bloquea a negociación do convenio

concentracións Hostal Reis Católicos

A patronal está a bloquear a negociación do convenio xa que considera que o punto de partida ten que ser a data de finalización do ERE (2016), pola contra desde a parte social entendemos que debe ser a data de finalización do último convenio (2010).

Este dato é moi importante pois o ERE eliminou moitos dereitos contemplados no convenio, algúns dos cales queren incluír como novos, cando en realidade só levaría a igualar as condicións do ano 2010.

MOBILIZACIÓNS
Diante do Hostal (Praza do Obradoiro )
22/06/2018  de 16,30 a 17,30
25/06/2018  de 12.00 a 13.00
29/06/2018  de 16.30 a 17.30
01/07/2018  de 12.00 a 13.00
06/07/2018  de 12.00 a 17.00


Convenio Colectivo del sector de Mayoristas de Frutas y Hortalizas de Pontevedra


Convenio Colectivo del sector de Comercio de Materiales de Construción y Saneamento de Pontevedra


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones