Salvar a hostalaría
Desde a Federación de Servizos de CCOO, vemos con gran preocupación a grave situación do Sector da Hostalaría na nosa Comunidade e o prexuízo que se está producindo no que respecta á supervivencia do sector e a posibilidade dunha gran perda de postos de traballo, especialmente con motivo das novas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia.
Non podemos asumir que desde a administración se criminalice á hostalaría, que as medidas máis duras e restritivas, dedicadas a frear a pandemia, se dirixan principalmente a este sector e que as axudas económicas sexan insuficientes para paliar a grave situación á que se está sometendo. Ler máis
Proclamación de candidaturas da Comarca de Ferrol
Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia unha vez máis comunicamos que en base ao regulamento das asembleas congresuais de Nivel I punto D, Candidaturas:
- A proclamación das candidaturas entenderase definitiva se finalizado o prazo habilitado para presentar reclamacións ás mesmas non se formalizou ningunha reclamación.
- Se só houbese unha candidatura proclamada, non se procederá á súa votación, quedando elixidos todos os candidatos e candidatas (titulares e suplentes). Ler máis
Proclamación de candidaturas da Comarca de A Coruña nivel I
Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia unha vez máis comunicamos que en base ao regulamento das asembleas congresuais de Nivel I punto D, Candidaturas:
- A proclamación das candidaturas entenderase definitiva se finalizado o prazo habilitado para presentar reclamacións ás mesmas non se formalizou ningunha reclamación.
- Se só houbese unha candidatura proclamada, non se procederá á súa votación, quedando elixidos todos os candidatos e candidatas (titulares e suplentes) Ler máis
III CONGRESO CCOO SERVICIOS. Regulamentos nivel I por comarcas
Preme aquí para consultar os regulamentos de nivel I por comarcas
Asinado o Convenio Comercio-Alimentación de Pontevedra
O pasado venres 18 asinamos o convenio de Comercio Alimentación da Provincia de Pontevedra. Este novo convenio mantén o anterior convenio excepto nos seguintes aspectos:
-
Ámbito territorial, persoal e funcional, no que se mellora a redacción para garantir a inclusión de tódalas actividades de comercio alimentación e gandería.
-
Promoción profesional. Inclúese a promoción aos tres anos das categorías de telefonista, persoal de limpeza, axudante do grupo C, que comezarán a promocionar a partir do 1 de xaneiro de 2021, e a categoría de profesional de oficio de 2ª – Chofer de 2ª para as que se crea unha nova categoría de promoción, estas a partir do 1 de xaneiro de 2023. Ler máis


















