error al insertar registro: Table './servicioses/lectura' is marked as crashed and last (automatic?) repair failed
Comezan as negociacións do Convenio do Comercio Alimentación de Ourense

Arquivado en Negociacion Colectiva, Condiciones de trabajo, Comunicados convenio, Union Intercom. Ourense, Comercio, Comercio Galicia

Comezan as negociacións do Convenio do Comercio Alimentación de Ourense


convenio comercio alimentación ourense

O pasado 9 de maio constituíuse a mesa de negociación do noso convenio. A representación sindical na mesa é a seguinte:

USO: 6 CCOO: 4 UGT: 3 CIG: 2

Na próxima reunión coa patronal, que se vai celebrar o mércores 31 de maio, empezarán as negociacións propiamente ditas. Os catro sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta para defendela de forma unitaria, o que nos vai dar máis forza de cara a conquistar melloras.

Tamén convimos en redactar follas - resumen das negociacións que se vaian mantendo- a fin de que todo o persoal estea puntualmente informado da marcha das mesmas. No seu caso, valoraremos convocar asembleas informativas.

FAGAMOS VALER A UNIDADE, A UNIÓN FAI A FORZA

Principais reivindicacións


PRINCIPAIS REIVINDICACIÓNS SINDICIAS

Duración e vixencia:

  • 2 anos (2017 e 2018).

  • Garantir a ultractividade para que o convenio se manteña integramente en tanto non se negocie outro que o substitúa.

Incremento salarial:

  • No 2017, incremento ata a equiparación co salario do convenio de Lugo.

  • En 2018: incremento do IPC real de 2017 mais un 0,5%, (garantindo un mínimo do 2%).

Horas extras e complementarias:

  • Recargo do 100% nas horas semanais e do 175% nas de domingos e festivos.

  • Consolidación anual dunha parte das horas complementarias realizadas polos tempos parciais.

Xornada e horario:

  • Reducir considerablemente a actual xornada anual de 1820 horas/ano.

  • Establecemento de mecanismos de control de entrada e saída ao centro de traballo, mediante a fichaxe do persoal.

  • Coñecemento individualizado do calendario mensual de traballo.

Licenzas:

  • Ampliar o permiso de paternidade a 4 semanas.

  • Incluir licenzas por ingreso hospitalario, ampliar algunhas ata o segundo ou terceiro grado e tamén incorporar unha nova licenza non retribuída de 28 días.

Excedencias:

  • Ampliación por coidado de fillos ata que a crianza cumpra os 14 anos.

  • Actualizar a lexislación das voluntarias e obrigatorias.

Inclusión de novos artigos sobre:

  • Igualdade home muller, protocolos de acoso, prevención de riscos ou póliza de seguro.

Outras condicións:

  • Tamén reivindicamos melloras noutros temas coma roupa de traballo, vacacións, inventarios, etc.