Archivado en Noticias, Nota de prensa, Jornada, Condiciones de trabajo, Union Comarcal Vigo, Comercio, Comercio Galicia

Despois dunha intensa negociación acórdase delimitar a Zona de Gran Afluencia Turística

Liberalización de horarios: A zona de libre horario comercial limitarase ao Casco Vello, ensache e Bouzas


Tras unha intensa negociación na que participamos CCOO, UGT e CIG, finalmente chegouse a un acordo para delimitar a Zona de Gran Afluencia Turística na cidade de Vigo, na que se permitirá a apertura do comercio todos os días do ano.

As primeiras propostas que se puxeron enriba da mesa, e que incluían zonas como a Gran Vía, a Rúa do Príncipe ou o Centro Comercial A laxe, tiveron por parte das tres centrais sindicais unha resposta contundente de negativa absoluta, sendo preciso realizar accións encamiñadas a conseguir que non se incluísen estas zonas e tampouco establecementos de mais de 300 metros cadrados. Solicitáronse concentracións ás portas do Concello de Vigo, a primeira delas onte pola mañá, que se mantivo como asemblea, á espera do desenvolvemento dunha reunión urxente.

Continúa



Na citada reunión, celebrada onte entre os tres sindicatos, as asociacións de comerciantes e o goberno municipal, alcanzouse o acordo de que a zona na que se poderá abrir ata as 10 da noite, sexa a correspondente a rúa San Francisco, paseo de Alfonso, Cachamuíña, paseo de Granada, Segunda República, Policarpo Sanz, García Barbón e Arenal ( só ata o cruzamento da rúa de Pontevedra), Montero Ríos, Cánovas do Castelo e a zona vella de Bouzas. Queda excluído o centro comercial A Laxe, o barrio de O Cura, e parte do Ensanche.

Por parte de CCOO, desde que saíu a lei sobre apertura dominical no ano 2012, e posterior ampliación en 2014, mantivemos a nosa oposición a esta lei e á apertura do comercio en domingos e festivos (ligazón). Como non podía ser doutra forma, en Vigo e ante a conxuntura de superación das 600.000 pernoitas que marca esta lei para que sexa declarada Zona de Gran Afluencia Turística, opuxémonos rotundamente, a pesar do cal buscamos unha solución para evitar que puidesen abrir legalmente, máis domingos e festivos dos establecementos que xa o fan actualmente.

Finalmente conseguimos o noso propósito: que a zona delimitada non inclúa ningún establecemento de máis de 300 metros, ningunha área comercial e eliminar zonas de complicado encaixe como Zona Turística, limitándose exclusivamente ás zonas consideradas Casco Vello da cidade.

Queremos resaltar a participación activa neste proceso ademais da Unión Comarcal de Vigo e a Federación de Servizos de Galicia, do Comité de Empresa de Mediamark Vigo e os delegados e delegadas de Comercio, que asistiron a Asamblea-Concentración de onte día 23. Unha vez mais demostrase que a Negociación-Presión e o traballo conxunto son a formula para conseguir os nosos obxetivos.