O 70% do persoal secunda a folga en Contact Center


Concentración polo Convenio Contact Center: a prol do desbloqueo da mesa de negociación
A patronal non acudiu á mesa de convenio do día 17 e desde CCOO parécenos lamentable que coa xornada de folga convocada para o luns 28 de novembro sigan desaproveitando as opcións previas para reconsiderar algunhas das posturas expostas e poder chegar a algún acordo.
Isto non fai máis que reforzar a alternativa da folga, xa que o persoal está farto desa postura inmobilista e despectiva ante as reivindicacións por un convenio xusto. Así, o 28 de novembro #ColgamosLosCascos para que a caída dos servizos das empresas clientes faga reflexionar á patronal.
Hoxe, en Coruña e Vigo celebráronse concentracións reclamando o desbloqueo das negociacións e para facer pública unha vez máis a realidade diaria dun sector precario e empobrecido.
Convenio Contact Center: Convocadas novas concentracións e xornada de folga #COLGAMOSLOSCASCOS
Debido ao bloqueo na mesa de negociación por parte da Patronal, CCOO e o resto de sindicatos presentes na mesa de convenio convocamos unha nova xornada de mobilizacións o día 18 - en Galicia en A Coruña e Vigo - e folga 24 h. para o luns 28 de novembro. A patronal só insiste en manterse nas súas posturas, e mentres adícase a pór pedras até no que lle gañamos nos tribunais, como o non pago dos incentivos en vacacións. Se queren que de novo nos mobilicemos masivamente, que toda a sociedade se faga eco dos seus incumprimentos e que as empresas e os clientes sufran os efectos do seu inmobilismo, iso é o que van conseguir.
Contact Center: multitudinaria manifestación por un Convenio Xusto
O seis de outubro estaba convocada unha folga, así como unha manifestación en A Coruña ás 20:00 a prol dun Convenio xusto para o sector de Contact Center. As rúas enchéronse de traballadoras e traballadores reclamando unhas condicións de traballo dignas. CCOO e UGT cifran entre un 65% e un 75% o seguimento da folga.
A negociación do novo Convenio Sectorial de Contact Center leva atrancada 20 meses a pesar de que desde CCOO se expuxeron multitude de propostas para chegar a un acordo.
Os traballadores e traballadoras de Contact Center presionan á patronal para desbloquear o Convenio



