Archivado en Comunicado breve, Elecciones sindicales, Union Intercom. Ourense, Contact Center

CCOO Servizos mellora resultados en Unitono (Ourense)


CCOO eleccións unitono ourense
Hoxe, 29 de novembro, celebráronse eleccións na empresa Unitono na Provincia de Ourense obtendo CCOO Servizos un total de 2 delegados/as para un comité de 9. Este resultado mellora a representación anterior de CCOO incrementado nun delegado o resultado de fai catro anos, o cal é froito do traballo e compromiso demostrado polos nosos compañeiros/as durante este período.

Estas eleccións corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras externos, adicadas a actividades de Contact Center para Gas Natural Fenosa.

CCOO Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.

CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras renovando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de toda o personal.