O II Congreso da Federación de Servicios de CCOO determinou nos seus relatorios e Estatutos que o Consello Federal aprobaría durante o presente mandato a integración de Servizos Administrativos e Servizos Técnicos. Cabe salientar que a nova agrupación recolle os sectores de: Servizos Administrativos, Seguros e Mutuas de Accidentes de Traballo, Planificación e Consultorías (TIC), Contact Center, Enxeñerías e Inspección Técnica e Intermediación Laboral.

Esta nova estrutura presenta aínda máis diversidade tendo en conta os distintos sectores que recolle a nova agrupación, ademais de retos organizativos e de acción sindical máis amplos, tales como combatir a precariedade e dotarse de novas ferramentas ante o cambio tecnolóxico e a dixitalización no traballo.

A celebración deste Plenario de integración supón unha continuidade do proceso iniciado en 2014, así como unha importante ampliación do seu ámbito funcional e sectorial que dá lugar a unha nova realidade organizativa que require novos órganos de dirección. Neste caso, unha vez realizadas as votacións queda elixido como responsable da coordinadora da agrupación Héctor Ortega Sánchez.

O presente plenario debe servir para integrar, ilusionar, comprometer e construír un sector que integrará unha ampla gama de subsectores, con heteroxeneidade nas súas características e maior variedade dos seus modelos de negociación colectiva.






pdf
print
pmail