Unión Comarcal Arousa
O vindeiro día 27 de xullo de 2018 terá lugar o congreso extraordinario da U.C. de CCOO de Arousa convocado pola comisión xestora da U.C. de Arousa.
Como afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar nesta renovación de CCOO (segue)


pdf
print
pmail
Na seguinte ligazón tés á túa disposición o anexo organizativo:


Censos electorais:
Os censos provisionais para a participación da afiliación de CCOO Servizos da comarca de Arousa no proceso congresual, cerráronse o 31 de maio do 2018, están baixo a custodia e responsabilidade da Secretaría de Organización da Federación de Servizos polo que para a revisión das respectivas inclusións individuais, cada persoa afiliada poderá remitir un correo electrónico á dirección de servizos ata o 27 de xuño do 2018.

Asemblea de Seccións Sindicais e empresas agrupadas no ámbito de CCOO Servizos:
A asemblea de sección sindicais, empresas agrupadas e persoas desempregadas,  xubiladas e xubilados celebrarase o vindeiro día 10 de Xullo do 2018 de 13:00 horas a 17:00 horas no local de CCOO na Comarca de Arousa.

De conformidade á distribución de delegadas e delegados establecida no anexo organizativo,á Federación de Servizos correspóndelle participar con 3 delegadas ou delegados coa seguinte porcentaxe de xénero a ter en conta:  mulleres 56.4% e homes 43,6 %.

Orden do día na asamblea CCOO Servizos : Elección da delegación ao congreso extraordinario da U.C de CCOO de Arousa

CANDIDATURAS
  1. COLEXIO ELECTORAL.- O órgano convocante da asamblea da CE de CCOO Servizos queda conformado como colexio electoral e as súas función serán recibir e validar as súas candidaturas, que se presenten conforme as normas congresuais. 

  2. LUGAR DE PRESENTACIÓN.-As candidaturas debidamente cumprimentadas presentaranse en modelo normalizado, ante a dirección de correo electrónico: servicios.galicia@servicios.ccoo.es  

  3. PRAZOS.- Poderanse presentar ata 5 días antes da data sinalada para a asamblea, o 5 de Xullo de 2018.

  4. REQUISITOS

    1. PERSOAS AFILIADAS E AO CORRENTE DE PAGO, incluídas no censo.

    2. COMPOSICIÓN. Deben incluir tantas persoas como delegados e delegadas a elixir (3) máis un 20% de suplentes.

    3. PORCENTAXE DE HOMES Y MULLERES.-As candidaturas gardarán a proporcionalidade de xénero seguinte: mulleres 56.4% e homes 43,6 %.

    4. ANTIGÜIDADE  DAS PERSOAS CANDIDATAS: Para formar parte das candidaturas para a delegación de CCOO Servizos no congreso de CCOO Arousa requírese unha antigüidade mínima de 6 meses na afiliación en CCOO.

    5. ACEPTACIÓN DE CANDIDATURAS.- A aceptación das candidaturas debe ser fóra de toda dúbida, conforme ás normas e estatutos confederais.

       CONVOCATORIA:

  • Data de celebración: 10/07/2018
  • Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcía (Pontevedra)
  • Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.


    Secretaría de Organización de CCOO Servizos