Non á deslocalización, pola defensa dos postos de traballo de R en Galicia!
Desde a compra por parte de Euskaltel no 2015, R Cable está a deslocalizar os postos de traballo cara Asturias e o País Vasco.
O presente e futuro, tal e como indicou o conselleiro delegado da empresa, José Miguel García, vai continuar no mesmo camiño, para acabar coa gran maioría dos postos de traballo en Galicia.
Máis concretamente todo o Servizo de Mantemento, maioritariamente subcontratado en outras empresas, está derivando os distintos servizos fóra, operación e mantemento, enxeñería e desenvolvemento, o servizo de atención telefónica, etc. sin que se produza subcontratación dos traballadores e traballadoras de Galicia, quedando así, máis de 1.200 traballadores e traballadoras en risco de perder os seus postos de traballo. A maioría do persoal que vimos prestando servizos para R, desde hai moitos anos, e que xa fomos subrogados anteriormente doutras empresas, vemos agora, con esta deslocalización, como os nosos postos de traballo están en perigo.
É por isto, que os traballadores e traballadoras que vimos prestando servizos para R, chamamos á mobilización, para loitar contra esta fatidica deslocalización e pola defensa dos postos de traballo, que terá como pistoletazo de saída, unha concentración o día mércores 17 de xullo ás 19:30 hs. diante da sede de R na Coruña.
CCOO revalida a maioría en Teleperformance e amplía a súa representación
Onte, catro de xuño, tiveron lugar as votacións para elixir os membros do Comité de Empresa de Teleperformance A Coruña e, de novo, o persoal elixiu de forma maioritaria a candidatura de CCOO.
O persoal outorgou cos seus votos a confianza aos nosos candidatos recollendo a proposta de CCOO de que sumando se poden acadar as metas que nos propoñamos, defendendo as condicións laborais do persoal e o emprego.
Hai que destacar o alto índice de participación nas votacións para un comité, que pasou de 17 a 21 membros, nas que CCOO obtivo case o 43% dos vinte e un delegados/as que se elixían, quedando a súa composición do seguinte xeito: CCOO 9, CIG: 6, UGT: 4 e CGT: 2
Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de Teleperformance A Coruña a súa implicación no proceso electoral e a súa confianza no noso sindicato, cuxas delegadas e delegados, desde o primeiro día en que foron elixidos, fai xa máis de catro anos, traballaron duramente en mellorar as condicións laborais de todo o cadro de persoal, o cal, agora, recoñece este labor cos seus votos, e que nos permite renovar o noso compromiso de seguir traballando para estar á altura das súas expectativas.
CCOO agradecemos o apoio do persoal pola súa participación democrática e polo apoio outorgado aos nosos candidatos e candidatas e comprometémonos a traballar para ser útiles e eficaces e poder intervir con máis garantías no devir da empresa e do sector.
A Federación de Servizos insta á Xunta a mediar no conflito de Unitono Ourense
O pasado nove de maio a Federación de Servizos de CCOO de Galicia, representada pola súa Secretaria Xeral Lucía Trenor, asistiu a unha reunión do Comité de Empresa de Unitono co conselleiro de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde.
Na reunión participaron ademais a secretaria xeral de Emprego Covadonga Toca e o director do IGAPE Juan Cividanes.
Durante a reunión o comité de empresa de Unitono trasladou a problemática existente na plataforma do centro de Ourense, solicitando a intervención da Xunta para atopar unha solución conxunta á deslocalización que está sufrindo. Ler máis
Novo día de folga en #UnitonoOurense cun seguimiento do 100% nas dúas quendas.
Comunicado comité empresa de Unitono Ourense:
Como sabedes tivemos unha reunión extraordinaria coa empresa para tratar a situación actual.
UNITONO di que a súa intención non é deslocalizar ou pechar este centro e que na mesma liña esta Naturgy. Ler máis
CCOO alerta da posible perda de emprego en Unitono en Ourense e critica a Naturgy pola deslocalización de traballo
A Federación de Servizos de CCOO alerta da posible perda de emprego en Unitono no seu centro de chamadas de Ourense e critica a Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa) pola deslocalización de traballo que se presta actualmente desde Galicia. Segundo o sindicato, a empresa atribúelle á eléctrica a decisión de levar fóra da comunidade autónoma o servizo, concretamente para unha nova plataforma aberta o pasado marzo en Reus.