Moi especialmente, CCOO Servicios entende que debe suspenderse sempre que prolongue o estado de alarma, a regulación relativa á definición de "zonas de gran afluencia turística". No mesmo sentido, deberían suspenderse durante o estado de alarma normativas autonómicas de liberalización de horarios comerciais, existentes ou que puidesen articularse.
En definitiva, o sindicato entende que deberían unificar a definición de horarios de apertura dos establecementos comerciais previstos no RD 463/2020 baixo os criterios xa indicados de garantía de abastecemento esencial e seguridade para persoais e clientela. O que iría na liña das recomendacións da Guía de Boas Prácticas de Prevención da Saúde recentemente publicada polos ministerios de Sanidade e de Industria, Comercio e Turismo
Desde CCOO Servicios enténdese que é moi recomendable tentar que as quendas e os horarios sexan sustentables e máis reducidos para uns persoais que están a facer un sobre esforzo considerable, acumulando cargas de traballo e véndose reducidas polos contagios e os consecuentes procesos de corentena, que aparellan protexer a toda a contorna.