Archivado en Nota de prensa, Empleo, Condiciones de trabajo, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Unión Comarcal A Mariña, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Autónomos, Comercio, Contact Center, Planificación e Consultorías, Sector Financeiro, Servicer
A Federación de Servizos de CCOO reúnese cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia está a manter reunións cos distintos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular ao Banco Santander. Hoxe celebráronse reunións cos grupos políticos En Marea e Partido Popular , estando previsto para mañá, día 14, un encontro co PSG.
Nas xuntanzas de hoxe, a delegación de CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral, Lucía Trenor, a responsable da sección sindical do Banco Popular, Carmen Peteiro, e polo responsable do sector financeiro de CCOO, Francisco Villares. Segue
Desde o sindicato alertaron das «graves» repercusións sociais que para a nosa terra tería o desmantelamento dunha entidade financeira «netamente galega» e pedíronlles aos partidos políticos que se impliquen na defensa do emprego e das condicións laborais.
CCOO-Servizos estendeu esa petición tanto aos postos de traballo directos -case o 12% do persoal do Popular, unhas 1430 persoas, está en Galicia-, como ás empresas vinculadas -comercializadoras do parque inmobiliario do banco, centros de chamadas, etc.,- que suman unhas 500 persoas.
Reacción dos grupos
O Grupo Parlamentario de En Marea coincidiu con CCOO no rexeitamento a posibles despedimentos e peches de oficinas, así como na defensa da Fundación Barrié, cuestións que levará ao debate parlamentario. Do Grupo Parlamentario Popular tamén amosaron preocupación por estes puntos e solicitarán a mediación do presidente da Xunta para a defensa dos dereitos laborais e dos intereses da cidadanía.
Traballo coordinado de CCOO
CCOO-Servizos ten a representación maioritaria no ámbito estatal e nas empresas afectadas, isto é, tanto nos dous bancos como nas empresas que lles prestan servizos. Asemade, todas as seccións sindicais implicadas están a traballar coordinadamente desde que se coñeceu a operación de compra.
Isto entra dentro do calendario de encontros que se estenderán á dirección do Banco Santander e Universal Support -centro de chamadas, contact center, con máis de 200 persoas afectadas-, tamén nesta semana.
CONVENIO COLECTIVO
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Queda constituida la mesa de negociación del XIX Convenio de Consultoría
Calendario Laboral 2024. Publicado en el BOE
Oferta formativa subvencionada para trabajadoras y trabajadores
Un modelo turístico más sostenible y que garantice derechos, es imprescindible