O calendario de folga abarca os seguintes días durante a xornada completa:
• sábado 17/12; domingo 18/12, venres 23/12 e xoves 5/01/2023.
Tamén se convocaron concentracións diante do centro de traballo, sito no centro comercial Gran Vía, 2º andar, nos seguintes horarios:
• 11:30 a 13:00 ; 17:00 a 18:30
Na primeira xornada de folga a participación foi do 100% das 8 traballadoras do centro de traballo de Deichmann Vigo, permanecendo a tenda pechada durante toda a xornada do sábado 17.
A dirección da empresa mantén que poden incumprir o convenio e que o traballo en domingos e festivos é obrigatorio e sen compensación de ningún tipo.
CCOO tentou trasladar diferentes propostas en materia de compensación económica e flexibilidade organizativa favorable ás traballadoras que voluntariamente traballen en domingos e festivos. Lamentablemente a empresa non quixo reunirse con CCOO, e convocou a unha reunión coas traballadoras o día antes do comezo da folga para tentar desactivala sen valorar seriamente ningunha proposta.
CCOO lamenta profundamente que a empresa se negue a negociar e opte por incumprir sistematicamente o convenio colectivo.