Archivado en Negociacion Colectiva, Condiciones de trabajo, Comunicados convenio, Union Intercom. Ourense, Comercio, Comercio Galicia

Asinado o acordo de Convenio Colectivo de Comercio Téxtil de Ourense
Desde CCOO consideramos como tema a destacar tras a sinatura do acordo, que por fin acabamos coa situación de bloqueo que tiña este convenio desde finais do ano 2010.
Acabouse tanto a conxelación salarial, como manter un texto que tan só polo simple paso do tempo era obsoleto nalgúns dos seus artigos.
É un convenio asinado para o que queda deste ano 2018 e o ano 2019, por tanto desde CCOO considerámolo como un convenio de tránsito que nos permite acabar con este bloqueo e empezar a planificar o futuro a curto prazo.
É importante poñer en valor que se desbloqueou o convenio GRAZAS Á VOSA PARTICIPACIÓN, coa asistencia tanto ás mobilizacións que tiveron lugar durante o verán, como ás asembleas nos locais sindicais, deixando claro á luz pública e á Patronal, que este bloqueo tiña que finalizar. Ler máis
Por destacar algúns dos termos do acordo indicamos:
- Incremento salario 2018: 6%
- Incremento salario 2019: 2%
- Plus de nocturnidade: Incremento do 30% de salario entre as 22:00 e as 6:00.
- Traballo en domingos e festivos: Compensación de 8 horas por 7 traballadas.
- Equiparación salario: Encargada e Dependenta maior.
- Vacacións:
17 días entre 15 xuño e o 30 de setembro.
Non poderán empezar en domingo ou festivo.
Regulación en caso de Incapacidade Temporal para gozalas posteriormente.
- Persoal fixo: Mínimo de 70% en centros de máis de 12 traballadores aos 3 anos.
- Licenzas e permisos:
Incremento de días no apartado 2) de licenzas.
Equiparación de parellas de feito.
Incremento dos días de lactación.
- Contrato a tempo parcial:
Mínimos de 28 H semanais para contratos indefinidos en centros de máis de 5 persoas en plantel.
Preaviso de horas complementarias con 7 días de antelación.
Dereito preferente a incremento de xornada antes de realizar novas contratacións.
Contratos de menos de 25 H sen peche ao mediodía, xornada continuada.
Contratos de menos de 20 H con peche ao mediodía, xornada continuada.
Para máis información sobre o acordo podes acudir aos locais de CCOO, onde as delegadas que asistiron ás reunións poderán informarte con máis detalle.
Estatuto de los Trabajadores (actualizado 11-5-2021)
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Convenio Colectivo de Hostelería de las Illes Balears
Firma del nuevo convenio de Oficinas y Despachos de la Comunidad de Madrid
Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social
CCOO no firma el nuevo convenio de Hostelería en Illes Balears