Archivado en Convenios Colectivos, Condiciones de trabajo, Comunicados convenio, Union Comarcal Pontevedra, Comercio, Comercio Galicia

A firma realízase nos termos establecidos no preacordo acadado na reunión anterior.

Firmado o Convenio Colectivo de Comercio Retallista Téxtil de Pontevedra


O pasado día 29 de xullo asinamos o convenio de Comercio Retallista Téxtil da provincia de Pontevedra, nos termos establecidos no preacordo alcanzado na reunión anterior. Lembramos as melloras que se introduciron:
  • Vixencia para os anos 2016, 2017, 2018.

  • Incremento salarial:1.5% para cada un dos anos de vixencia, en tódolos conceptos económicos.

  • Cláusula de revisión para cada un dos anos de vixencia na diferenza entre o IPC real e o incremento establecido para este ano.

  • Créase un novo plus de traballo nas tardes do 24 e 31 de decembro consistente en un recargo de 5? sobre a hora efectiva traballada entre a partir das 16:00 horas.

  • Horas extraordinarias pasarán a aboarse cunha recarga do 100% do seu valor habitual.

  • Vacacións: disfrute entre os meses de maio a outubro. Se voluntariamente se disfrutan fóra deste período o dereito é a 31 días de vacacións e unha bolsa de 200?.

  • Amplíase a posibilidade de acollerse a excedencia por maternidade ata un máximo de 4 anos e co límite de idade do fillo o filla de cinco anos.

  • A póliza de seguro de vida pasa a ser de 20.000 ?.

  • Licenzas: amplíase en 1 día a licenza por matrimonio, pasando a 16 días, e establécese en 6 días a licenza do artigo 30 por nacemento de fillo ou filla e polo falecemento accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización de parentes ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade.

  • Guarda legal: amplíase a posibilidade de reducir a xornada ata que o menor cumpra os 14 anos.

  • Posibilidade de acumulación da lactación en 23 días naturais.

  • Nas empresas con máis de 15 traballadores establecese a xornada efectiva mínima para os contratos a tempo parcial en 27 horas semanais.

Dende CCOO facemos unha valoración positiva do acordado, que mellora en conciliacións e sobretodo nun incremento nas horas mínimas nos contratos a tempo parcial. Ademais garante un incremento salarial aceptable para os tempos que corren e a garantía de mantemento do poder adquisitivo.

Convenio Comercio Téxtil Pontevedra