Archivado en Salario, Empleo, Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

CCOO denuncia atrasos de varios meses na percepción dos salarios

Mobilizacións en Celso Míguez pola «insostible» situación da empresa


concentración retraso nóminas celso miguez

O persoal de Pinturas Celso Míguez mobilizarase na Coruña mañá mércores, 30 de setembro, pola «insostible» situación da empresa. CCOO denuncia atrasos de varios meses na percepción dos salarios e unha completa «inacción» por parte da dirección, á que lle esixen un plan de viabilidade económica.

Ademais do atraso no cobro das nóminas, estanse a dar casos de traballadores que «están causando baixa da empresa ante a gravidade da situación», apunta o sindicato. A isto cómpre engadir o «desabastecemento» que se padece nas tendas, que incide negativamente nas vendas e nos ingresos.

Por todo isto, a primeira das mobilizacións previstas foi este mércores, de 11 a 13 horas diante da tenda situada na avenida Alcalde Pérez Arda.