Archivado en Condiciones de trabajo, Convocatorias, Comunicados convenio, Enxenerías Inspección Técnica

Tecniberia non quere convenio no sector de enxeñerías


Concentración Tecniberia

TECNIBERIA, asociación patronal estatal do sector de enxeñería, pretende un sector sen convenio colectivo, empresas como APPLUS, AUDINGINTRAESA, AYESA, CTAG, EPTISA, EZQUIAGA ARQUITECTURA, FOSTER WHELER, GETINSA, IDOM, INTECSA, SENER, SUMMA, SGS TECNOS, TÉCNICAS REUNIDAS, TRAGSATEC, TÜV RHEINLAND, TYPSA, poderán ter os seus cadros de persoal coas condicións de traballo sen regular, sen un convenio de referencia, negándose a continuar coa negociación para que o convenio sexa considerado como vencido, amparándose nunha dubidosa interpretación da reforma laboral de 2012. Este é un feito contrastado e publicado por TECNIBERIA na súa páxina web. Compre destacar que se trata dun convenio de por si desfasado e precario en aspectos fundamentais: ler máis



pdf
print
pmail
  • Salarios baixos e conxelados desde 2014

    • Desregulación e abuso de bolseiros cobrando 600?.

    • Enxeñeiros e técnicos de fp traballando polo salario mínimo.

  • Xornada laboral

    • Xornada anual superior a media española.

    • Ausencia de conciliación familiar e flexibilidade horaria

    • Inexistencia de permisos de convenio: sen permisos retribuídos para ir o médico ou acompañar os fillos o pediatra, ningún tipo de permisos que mellore o estatuto dos traballadores.

  • Categorías profesionais obsoletas

    • Falta de adaptación a titulacións universitarias europeas.

    • Categorías profesionais mal definidas para facilitar as empresas contratar barato a enxeñeiros e técnicos de FP.

  • Mobilidade xeográfica conxelada ou non regulada

    • Dietas nacionais conxeladas dende 2010

    • Ausencia de dietas internacionais, a pesar de que gran parte da súa actividade realizase en outros países?

Esta situación de precariedade dáse tanto en empresas con capital público como privado, subvencionadas e/ou contratadas polo estado e os gobernos autonómicos para levar a cabo proxectos de I+D, investigación tecnolóxica ou traballos técnicos para administración de licitación pública: obra civil, control de residuos e augas, ITV, xestión forestal, control de pragas en granxas, etc.

CCOO e UGT, queremos un convenio que garanta condicións de traballo dignas e salarios axustados ao mercado, acordes coa formación dos profesionais do sector (principalmente enxeñeiros e técnicos de formación profesional), remunerando o alto valor engadido que aportamos nas nosas empresas co noso traballo.

Ante esta situación, só queda a resposta sindical. CCOO e UGT inician un proceso de mobilización que comeza con concentracións a nivel estatal de delegados e delegadas, ás que están invitadas a participar todo traballador ou traballadora do sector que por circunstancias laborais poida asistir.

En Galicia a concentración terá lugar o 5 de febreiro de 12:00 a 13:00, en fronte a Ageinco, patronal galega de enxeñerías, sita en Vigo na calle progreso, 36