Archivado en externalizacion, Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Contact Center, Accion sindical

Teleperformance leva a Colombia a xestión de servizos esenciais tales como bombeiros, emerxencias ou Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
O obxetivo destas actuacións é que a cidadanía coñeza as graves repercusións que esta deslocalización de Fenosa a Colombia vai supoñer:
Que só 20 persoas traballadoras van atender dende A Coruña as chamadas en galego, o resto será xestionado dende Teleperformance Colombia.
Que toda a información técnica, de avarías, de provisións de servizo, cortes e reenganches, reclamacións, xestión de subministracións vitais, ordes de servizo ao persoal técnico encargado da revisión de contadores, de lecturas, de peticións de acometidas para altas de subministración, a atención aos servizos de emerxencias, bombeiros e forzas e corpos de seguridade do Estado no caso de accidentes do tendido eléctrico, a coordinación dos servizos técnicos, do persoal de reforzo nas avarías masivas,... vanse xestionar dende Colombia.
Naturgy non ten en conta a situación de Galicia, as súas características xeográficas e a súa poboación envellecida. Ademáis Fenosa non dispón de oficinas físicas e non é posible cambiarse de distribuídora de luz... o que vai dificultar e demorar a atención de incidencias que afectan a electricidade, subministración esencial.
Os datos dos clientes da distribuídora Fenosa van a un país estranxeiro que carece da estrita regulación sobre protección de datos existentes na Unión Europea, co grave risco que pode levar en materias tan sensibles como venda de datos persoais e posibles fraudes.
Teleperformance perde 100 postos de traballo no seu centro da Coruña e, a día de hoxe, non indicaron a este Comité se van manter as condicións do actual plantel. Ler máis
Teleperformance, en A Grela, é unha empresa de Contact, que se publicita como referente mundial no seu sector con preto de 600 persoas traballadoras na Coruña, e que dá servicio a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas e outros sectores.
O Comité de Empresa de Teleperformance Coruña denuncia que Teleperformance vai deslocalizar o servizo de atención ao cliente de Fenosa (grupo Naturgy) para que se xestione, na súa maior parte, dende Colombia. Ante esta situación decidimos levar adiante un calendario de movilizacións:
- Manifestación o luns 5 de setembro ás 12:00 horas, dende a Praza de Pontevedra ata a oficina de “Naturgy” sita na rúa Betanzos.
- Convocatoria de paros parciais en quendas de 00:00 a 03:00, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas o luns 5 de setembro.
- Concentración de delegadas/os na Praza de María Pita, diante do Concello, o xoves 8 de setembro, día da presentación da moción deste conflito.
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
CCOO informa sobre la reunión de negociación del Convenio Colectivo de Mercadona
Calendario Laboral 2023. Publicado en el BOE
Los días 21 y 22 de noviembre se ha celebrado en Madrid la Conferencia de la Federación de Servicios de CCOO
GRUPO TENDAM: Acuerdo pago segundos encargadas y encargados
Convenio AHORRO: CCOO solicita reunión urgente a CECA para tratar el problema del rendimiento en especie de los préstamos