Archivado en Comunicado breve, Condiciones de trabajo, Convocatorias, Contact Center, Accion sindical

Concentración Teleperformance

Teleperformance A coruña: ante a prepotencia, mobilizacións

Teleperformance, en Agrela, unha empresa de Contact Center, que se publicita como un referente mundial no seu sector con uns 800 empregadxs en A Coruña, e que da servizo a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas e outros sectores, segue incumplindo os acordos e compromisos cos traballadorxs e xs seus representantes.

O Comité de empresa de Teleperformance Coruña denuncia que a empresa continúa facendo caso omiso das continuas reivindicacións tanto de traballadorxs como da representación laboral das persoas traballadoras.

Ante esta situación decidiuse levar adiante un calendario de movilizacións:

- Concentracións nas datas dos días 11 e 23 de Xuño de 12:30 a 13:30 diante do Centro de traballo que Teleperformance ten en Agrela.

- Convocatoria de paros parciáis nos horarios de 12:30 a 13:30 e de 16:00 a 17:00 horas na data do 28 de Xuño. Simultáneamente no horario de 12:30 a 13:30 realizaráse una concentración diante das instalacións.

O OBXECTIVO deste calendario de mobilizacións é rematar con: Ler máis


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

- Os continuos problemas no cómputo do rexistro de xornada que derivan en contínuos e reiterados descontos en nómina por ausencias debidamente xustificadas polas persoas traballadoras, así como por desconexións por fallos técnicos responsabilidade de Teleperfomance. Cabe sinalar que o problema das incidencias de nómina levámolo arrastrando dende fai máis de dous anos, e que se foi agravando durante a pandemia.

- As formaciones precarias, insuficientes e sen apoio tanto no centro como en teletraballo.

- A implantación dunha ferramenta única para a comunicación coa empresa con múltiples deficiencias e erros, que deixa totalmente indefensa o cadro de persoal e limita o traballo sindical das/os representantes das persoas traballadoras.

- A falla de información á representación das persoas traballadoras e ausencia de vontade por parte da empresa para conseguir puntos de encontro.

- E como remate, a negativa da empresa a compensar de maneira xusta e decente os gastos derivados do teletraballo durante a pandemia, tal e como recolle o RD 28/2020, e non como una mera esmola que é o que a empresa ten esposto.

O Comité de empresa toma a decisión de levar adiante este calendario de mobilizacións como consecuencia da nula vontade por parte da empresa non xa de conseguir un acordo, senón nin de sentarse para intentalo.

Dende que comezou a pandemia, a empresa atopou o caldo de cultivo ideal para levar adiante todas e cada unha das súas pretensións, aplicando de maneira incondicional medidas unilaterais e restritivas, recortes de dereitos e modificacións nas condicións de traballo .

Ante todo iso este Comité atópase coa incapacidade e falta de vontade da empresa para dar solucións.

Estas mobilizacións continuarán de non cambiar a situación que se leva arrastrando dende fai moitos meses e que Teleperformance decidiu ignorar.

NON PODEMOS PERMITIR QUE A PASIVIDADE E INOPERANCIA DA EMPRESA SE TRADUZA NA RUÍNA E PRECARIEDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es