Convenio Comercio Alimentación provincia de Pontevedra: xornadas de folga e mobilización os próximos días 5 e 7 de decembro
Nas asembleas celebradas no día de hoxe para valorar a situación do convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, cunha participación de máis de 200 persoas, presentouse por parte dos catro sindicatos presentes na mesa de negociación a última proposta da patronal.
A patronal maioritaria (ASAP) expuxo na última reunión, coa presenza dos mediadores do AGA, a seguinte proposta, na que a premisa é a conxelación da antigüidade: Segue
Asemblea urxente: Información Convenio Comercio Alimentación (Vigo e Pontevedra)
Despois da última asemblea informativa sobre a situación do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Pontevedra, as centrais sindicais representadas na mesa de negociación, CCOO, CIG, UGT e USO, despois de varias reunións e unha mediación, vémonos na obriga de convocar ASEMBLEA URXENTE para explicarvos en que situación se atopan as negociacións.
ASEMBLEA EN VIGO: Día 27 de novembro ás 11:30 hrs. nos locais da CIG, Rúa Gregorio Espino, 47
ASEMBLEA EN PONTEVEDRA: Día 27 De novembro ás 11:30 hrs. nos locais sindicais, Rúa Pasantería.
É IMPRESCINDIBLE A VOSA PARTICIPACIÓN, ACUDIDE!
¡POR UN CONVENIO DIGNO, POR UN CONVENIO XUSTO!
Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en SUPERMERCADOS DIA
A Comisión Executiva da Federación de Servizos de CCOO, na súa reunión do pasado 12 de setembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario da Sección Sindical Estatal de SUPERMERCADOS DIA que se celebrará en Madrid o próximo 29 de novembro de 2016, así como as Normas de Funcionamento do mesmo.
A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este proceso pola C.E. Federal, así como do Regulamento Interno de seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de 2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en Galicia.
Normas Plenario DIA Galicia GL Normas Plenario DIA Galicia ES
Plenario da Sección Sindical de CCOO Alcampo en Galicia
O luns 24 de outubro celebrouse o Plenario da Sección Sindical de CCOO Alcampo en Galicia. Nesta reunión decidiuse a elección do órgano de goberno da Sección Sindical de Alcampo Galicia, formado por tres persoas referendadas por unanimidade dos delegados e delegadas asistentes á reunión e coas seguintes designacións:
Secretario Xeral: Xoán Costas Alonso (Alcampo Vigo 2)
Comisión Executiva: Alejandro González Álvarez (Alcampo Coruña) e Montserrat Beceiro Couce (Alcampo Ferrol).
Desde a nova executiva, apóstase por dar un impulso á unidade de acción, cunha maior coordinación entre centros e comunicación aos afiliados.
Asemblea de traballadoras e traballadores de Comercio Alimentación de Pontevedra
Tal como adiantabamos o dezaoito de outubro, onte vintetrés, celebránronse asembleas de traballadoras e traballadores do sector Comercio Alimentación da Provincia de Pontevedra en Vigo, Pontevedra e Arousa. A finalidade destas convocatorias é expoñer a posición da Patronal, que se basea nunha rebaixa importante das condicións recollidas no actual Convenio así como as reivindicacións de mellora dos catro sindicatos presentes na mesa de negociación (CCOO, CIG, UGT e USO):
- Redución e mellora da distribución da xornada.
- Aumento e optimización dos períodos no disfrute das vacacións e licencias.
- Mellora salarial, inclusión de cláusula de revisión e incremento de pluses.
- Procedemento para conversión de contratos a tempo parcial a xornada completa
- Outros: Comisión Paritaria, período de vixencia, etc
O persoal de Blanco sae á rúa, tras racharen as negociacións do ERE
O persoal da téxtil coruñesa Blanco saíu hoxe á rúa para denunciar a súa
situación, tras racharen as negociacións do enésimo expediente de
regulación de emprego (ERE). Ademais de hoxe, haberá folga os días 28 de
outubro e 4 e 11 de novembro
Na multitudinaria protesta, as traballadoras e traballadores despregaron
pancartas con lemas como «non aos despedimentos», «Blanco vístenos de
negro», «Blanco, ERE que ERE», «Directiva, dimisión!», «peche tras
peche, Blanco morre» ou «basta de encher petos baleirando futuros».

Circular
Convenio Comercio Alimentación Pontevedra: CCOO, CIG, UGT E USO convocan aos traballadores e traballadoras a unha asemblea
O Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Pontevedra rematou a súa vixencia o 31 de decembro de 2015. As centrais sindicais representadas na mesa de negociación, CCOO, CIG, UGT e USO, despois de moitos meses conseguimos comezar as negociacións. Despois de 13 reunións, a patronal segue mantendo as súas propostas, perder a maioría de dereitos que temos conqueridos, TODOS E TODAS. Non falaron de darnos, só queren quitarnos. Segue






_edit_web.jpg)







