Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

O documento recolle incrementos salariais e diversas melloras de carácter social para un sector cuxos salarios estaban por baixo do SMI

CCOO Servizos asina un preacordo para actualizar salarios e mellorar condicións laborais no sector do comercio do moble en Pontevedra.


convenio comercio moble Pontevedra

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia informa do asinamento do preacordo do Convenio do comercio do moble da provincia de Pontevedra, que levaba caducado desde o ano 2018 e cos salarios por baixo do salario mínimo interprofesional (SMI). Deste xeito, para o período 2019-2021, actualízanse os salarios ao SMI e, partindo da categoría máis baixa, aplícase un incremento escalado do 2 % para diferenciar as categorías. Xa para o ano 2022 prodúcese un incremento nas táboas salariais do 4 %, do 7,62 % no 2023 e dun 2 % para o 2024 e outro tanto o 2025.

Así mesmo, páctase unha cláusula de revisión salarial. No suposto de que a suma do IPC real dos anos 2024 e 2025 supere o incremento económico acordado, faríase unha revisión do exceso, cun máximo do 2 % adicional e efectos desde o 1 de xaneiro do 2025.

Asemade, inclúese o plus de transporte no salario base e establécese a clasificación profesional en base ás funcións establecidas no Convenio do comercio vario da provincia de Pontevedra, pero elminando as de axudante e auxiliar.

Canto á xornada laboral, páctase non traballar as tardes dos sábados entre xuño e setembro; nas xornadas de maís de seis horas, haberá unha pausa de 15 minutos coa consideración de tempo de traballo efectivo; os contratos a tempo prcial con xornada; regúlase o traballo en domingos e festivos do mesmo xeito que no sector do comercio vario; o traballo nocturno aboarase cun 50 % de recargo sobre o prezo da hora ordinaria e gozarase de 15 días de vacacións entre xuño e setembro, entre outras novidades.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,