Archivado en Negociacion Colectiva, Condiciones de trabajo, Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra

Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva

Os sindicatos ven insostible a situación actual e piden a revalorización dos salarios e a fin da precariedade laboral

UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia convocaron para hoxe mércores, día 22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva. Os sindicatos lembran que o actual escenario económico vén definido polo continuo do crecemento do produto interior bruto, un 3,3 en Galicia en 2016 e uns prognósticos de aumento para 2017 do 2,4 %. CCOO e UGT entenden que esta incipiente recuperación da economía se debe traducir nunha mellora, tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras máis de oito anos de crise.


22f convenio colectivo22f convenio colectivo


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

Mediado xa o mes de febreiro, aínda non foi posible consensuar coas patronais o díxito de aumento salarial para este ano, tal e como se establecía no III Acordo sobre Emprego e Negociación Colectiva. Os aumentos dos últimos meses sitúan a taxa interanual do IPC no 3 % en xaneiro, prexudicando a capacidade de compra dos fogares. Porén, a proposta das organizacións empresariais fica curta, con aumentos de «ata o 1,5 %», cifra inaceptable, pois suporía a perda de poder de compra dos traballadores e as traballadoras nun contexto de expansión da actividade e dos beneficios empresariais.

UGT e CCOO apostan por compatibilizar a mellora de competitividade empresarial coa mellora dos salarios reais: subas do 1,8 ao 3 %, con cláusula de revisión para evitar que o aumento do IPC por riba da previsión prexudique o pactado.

Ambos os dous sindicatos defenden a recuperación dos salarios, pero tamén da calidade do emprego: nos últimos anos non deixou de medrar a precariedade; hoxe, de cada 100 contratos que se asinan, 91 son temporais e 9 indefinidos, dos cales unicamente 5 son indefinidos a tempo completo.

Isto, sumado a un paro de longa duración que afecta ao 58 % do total de persoas desempregadas, un paro xuvenil que alcanza ao 40 % da poboación activa galega menor de 25 anos, a caída en 16 puntos da cobertura das prestacións por desemprego ?só recibe prestación o 53 % das persoas paradas e rexistradas nos servizos públicos de emprego? e unhas baixas pensións que ocupan os últimos postos a nivel estatal ?e das que dependen cada vez máis familias? conduce a unha situación insostible.

Os sindicatos defenden que a situación actual esixe actuar con urxencia para rescatar as familias e construír un modelo de crecemento que reduza o desemprego; que atalle a pobreza nas súas múltiples manifestacións; que sirva para soster o modelo social recuperando a calidade perdida na sanidade, a educación, a atención á dependencia; que aposte pola industria e a innovación e a ciencia e por un marco democrático das relacións laborais; que recupere a calidade do emprego, a negociación colectiva e o tratamento do despedimento. Nesta orde de cousas non se pode esquecer a necesidade de derrogar as reformas laborais impostas que tan lesivas están a ser para o mercado laboral.

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es