Supermercados Froiz: Por un Traballo Digno e Xusto
CCOO Servizos convocamos á terceira mobilización diante dos supermercados Froiz, o vindeiro venres, 5 de xaneiro ás 11:30 en Narón. Esta mobilización é un esforzo colectivo para facer fronte á persistencia das inxustizas laborais que afectan aos traballadores e traballadoras de Froiz.
Resumo das Mobilizacións Anteriores:
Nos pasados días 5 e 15 de decembro, levamos a cabo dúas concentracións para destacar as preocupacións e demandas dos traballadores/as de Froiz. As denuncias iniciais incluíron discriminación, cargas de traballo insoportables e prácticas laborais inxustas. A pesar das excelentes cifras declaradas pola empresa, as condicións laborais non melloraron.
Persistencia das Inxustizas Laborais:
A pesar dun aumento impresionante do 14% na conta de explotación e cifras récord de facturación, as traballadoras e traballadores seguen enfrontándose a cargas de traballo abrumadoras, cambios arbitrarios en quendas e horarios, e a denegación de asuntos propios. Froiz debe recoñecer e abordar estas inxustizas laborais.
Esixencias Claras e Razoadas:
Reiteramos as nosas demandas claras e razoadas:
-
Abonda de cargas de traballo imposibles por falta de persoal.
-
Abonda de cambios de quendas, horarios e vacacións por falta de persoal.
-
Abonda de denegar asuntos propios por falta de persoal.
-
Abonda de discriminar aos encargados/as.
-
Abonda de realizar contratacións eventuais fraudulentas.
O Compromiso de CCOO:
CCOO continúa traballando xunto co persoal para asegurar que as súas voces non queden sen escoitar. A falta de resposta por parte da empresa é inaceptable, e a mobilización é necesaria para insistir no compromiso coa xustiza laboral.
Permiso por lactación acumulada
O RDL 7/2023 do 19/12/23 [LIGAZÓN BOE], recoñece o dereito ao permiso de lactación de forma acumulada en xornadas completas, aínda que non estea regulado no convenio colectivo. Ademais, producíronse sentenzas importantes sobre o cómputo deste dereito, incluíndo unha do Supremo para xornadas parciais.
COMUNICADO (pdf)
Asinado acordo do convenio de comercio de materiais de construción de Pontevedra
No día de hoxe, 21 de decembro, CCOO Servizos xunto con outras organizacións sindicais asinamos un acordo no marco do convenio de comercio de materiais de construción de Pontevedra, sobre o cal destacamos os seguintes puntos:
Vixencia
2020-2024
Licenzas
Actualización de permisos e conciliación coa nova lexislación.
Contratación
- Fixo Discontinuo: Mínimo 4 meses con preaviso de 15 días. Censo anual e calendario de previsión de chamadas. Prioridade de incorporación ante calquera nova contratación incluído duración determinada ou indefinida. No caso de que nun período de tres anos se repitan en tempo aproximadamente coincidente os períodos de chamada fóra do período garantizado, este consolidarase como tempo garantizado. Sen Tempo Parcial.
- Tempo Parcial: En empresas con máis de 50 traballadores non poderá haber máis do 25% de contratos a tempo parcial - Xornada mínima diaria catro horas continuadas – Conversión a xornada completa daquelas que durante 60 días continuados ou de forma alternativa nun período dun ano, realicen prolongacións de xornada.
- Formación en alternancia: Retribución non inferior ao 90% o primeiro ano e 95% o segundo.
- Práctica profesional: Retribución fixada neste convenio colectivo para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente ás funcións desempeñadas.
Compromiso emprego fixo
Obrigatorio mínimo do 80%.
Xornada laboral
40 horas semanais de luns a sábado pola mañá, rematando dito día ás 13:30 horas - Sábados excepcionais por carga ou descarga de barcos, camións, vagóns, etc. retribuídas cun incremento, polo menos, do 75% sobre o valor hora.
Retribucións
Para os anos 2020 e 2021 unha paga de 200 euros non consolidables
Ano 2022: incremento salarial do 4,00% con atrasos desde xaneiro
Ano 2023: incremento salarial do 3,50% con atrasos desde xaneiro
Ano 2024: incremento salarial do 3,00%
Revisión: Se IPCs anuais 2023 e 2024 rexistran un incremento superior á suma do incremento pactado para eses dous anos (6,5%), dito exceso, cun máximo dun 1%.
Acordo salarial convenio hostalaría Pontevedra
Co obxectivo de evitar atrasos derivados das dilacións nas negociacións, CCOO Servizos xunto con outras organizacións sindicais formalizamos esta mañá coa patronal un acordo exclusivamente centrado nos salarios para os anos 2022 e 2023. Comprometémonos a continuar as negociacións referentes ao texto do acordo e aos demais incrementos no mes de xaneiro de 2024.
O acordo contempla un incremento en táboas do 8% para os anos 2022 e 2023, ademais dunha paga lineal de 1.250€ proporcional a xornada e tempo traballado. Se a suma dos IPCs 2022-2023 é superior ao 8% de incrementos acordados, a diferenza terase en conta para a negociación de salarios de 2024.
CCOO Servizos volvemos a concentrarnos diante de supermercados Froiz
Onte, 15 de decembro, persoas traballadoras e delegadas e delegados de Froiz volven con firmeza a alzar as súas voces nunha concentración de protesta diante dun dos supermercados da cadea. Trala concentración do pasado 5 de decembro, onde denunciaron discriminación e cargas de traballo insoportables, CCOO Servizos continuamos a loita por unhas condicións laborais dignas.