Concentración en contra da represión sindical en GADIS
Nun acto de defensa dos dereitos sindicais, CCOO concentrouse hoxe conxuntamente co persoal da plantilla e suas familias, fronte ao Hiper GADIS de Viveiro para expresar o seu firme rexeitamento aos recentes despedimentos de catro empregados que anunciaron a súa intención de presentarse como candidatos nas próximas eleccións sindicais. Esta concentración representa un chamado á xustiza e á defensa da liberdade sindical.
Celebrado o plenario da sección do Grupo Carrefour de Servizos CCOO Galicia
No recentemente celebrado plenario en Galicia, Lucía Trenor, secretaria xeral da federación de Servizos de CCOO Galicia, participou no acto de presentación das candidaturas definitivas para a coordinadora de Servizos CCOO Grupo Carrefour Galicia e para o plenario estatal. Este evento representa un paso significativo no proceso de renovación da Sección Sindical de CCOO en Grupo Carrefour.
Como antecedente, a Comisión Executiva Federal de CCOO, na súa reunión do 30 de xuño de 2023, aprobou o proceso de Plenario da Sección Sindical de CCOO en Grupo Carrefour e a convocatoria do Plenario de renovación, programado para os días 15 e 16 de novembro de 2023, en Málaga. As normas de funcionamento deste proceso, rexidas polo Regulamento Interno de Seccións Sindicais aprobado polo Consello Federal o 18 de maio de 2023, teñen como obxecto regular e facilitar a renovación da Sección Sindical de CCOO en Grupo Carrefour.
O plenario de Galicia abordou diversos temas cruciais para o proceso de renovación, entre eles, a potenciación da participación dos afiliados e afiliadas, o debate e presentación de emendas aos documentos do Plenario Estatal, así como a elección das delegacións que representarán a Galicia en dito plenario. Ademais, debatiuse a elección dos órganos de dirección da Sección Sindical.
Lucía Trenor, coa súa experiencia e liderado, está desempeñando un importante papel na garantía de que o proceso de renovación transcorra de maneira eficiente e participativa. O Plenario Estatal, que se celebrará en Málaga en novembro, promete ser un evento crucial no camiño cara á dinamización e fortalecemento da Sección Sindical de CCOO en Grupo Carrefour.
Reunión da mesa do convenio de oficinas e despachos de Pontevedra
Con data 4 de outubro do 2023 volveuse a reunir a mesa negociadora do convenio colectivo de Oficinas e Despachos da Provincia de Pontevedra. Na última reunión a patronal comprometeuse a expoñer unha proposta económica:
Revalorización salarial
- Ano 2023: 4%
- Ano 2024: 3%
- Ano 2025: 3%
Devanditos incrementos aplicaríanse sobre as táboas salariais do ano 2011 sen pago de atrasos e creando un complemento para aqueles grupos profesionais cuxas táboas salariais quedasen por baixo do SMI.
CCOO deixámos claro que se deben actualizar previamente todas as táboas salariais ao SMI e a partir de aí negociar sobre o incremento salarial.
Antigüidade
Eliminación da antigüidade. CCOO manifestamos que non estamos dispostos a eliminar unha antigüidade que foi a que permitiu durante todos estes anos un mínimo de incremento salarial.
Seguinte reunión, 19 de outubro
Tras apenas unha hora de reunión, a CIG como sindicato maioritario na mesa, deixou a porta aberta a poder aceptar a proposta de incremento salarial da patronal sen tocar o resto do convenio e mesmo a abordar a eliminación da antigüidade.
Para iso propúxolle á patronal presentar unha proposta de táboas salariais que contemple o devandito escenario e así podelo consultar coa súa base afiliativa.
Desde CCOO deixamos constancia que non estabamos de acordo con dita proposta e que non se trataba dunha postura conxunta da mesa negociadora.
Seguiremos defendendo que as persoas traballadoras do sector de oficinas e despachos de Pontevedra se merecen uns salarios dignos e á altura do convenio doutras provincias da nosa comunidade autónoma.
Presentadas as candidaturas definitivas para o plenario de afiliación de Servizos CCOO BBVA Galicia e a súa delegación ao Plenario Estatal
De conforme co establecido no Regulamento Interno de Seccións Sindicais, proclámase definitivamente a candidatura para elixir Persoa Responsable da Sección Sindical de Servizos CCOO BBVA en Galicia encabezada por Jorge Javier Villarino Rodríguez Rey, así como a delegación da mesma ao plenario de afiliación estatal de Servicios CCOO BBVA.
Presentadas as candidaturas definitivas para a Coordinadora de Servizos CCOO Grupo Carrefour Galicia e a súa delegación ao Plenario Estatal
De conforme co establecido no Regulamento Interno de Seccións Sindicais, proclámase definitivamente a candidatura para elixir a Coordinadora de Servizos CCOO Grupo Carrefour en Galicia encabezada por Daniel Ricart Alonso e ao plenario estatal encabezada por Miguel Vilariño Vázquez