¿Defender tus derechos?

Defiende tus derechos.  Afíliate a CCOOAcceso a Zona afiliacion

Consultas Laborales

Consultas laborales más frecuentes. Si no la encuentras, pregúntanos.

Convenios Colectivos

Convenios Colectivos aplicables en Galicia


Asinado preacordo do Convenio do Comercio de Metal de Pontevedra

convenio comercio metal pontevedra


Despois dun longo proceso acadamos un acordo no Convenio de Comercio do Metal da provincia de Pontevedra que levaba en ultractividade desde o ano 2014.

O principal problema durante toda a negociación foi a pretensión da patronal de conxelar a antigüidade, ao que finalmente accedemos a cambio de actualizar a cantidade ao devindicado á data de publicación do convenio e un 6% adicional no incremento salarial para todas a categoría, ademais de que o Complemento de Antigüidade que teña cada un increméntese cada ano no mesmo porcentaxe que o faga o salario base. (A modo de exemplo: unha persoa con 10 anos de antigüidade o seu Complemento de antigüidade sería o 10% polos dous cuadrienios máis o 2.5% polos dous anos restantes ata os 10, é dicir o 12.5% do salario base). Ler máis


Asinado o acordo de Convenio Colectivo de Comercio Téxtil de Ourense

convenio comercio téxtil ourense

Desde CCOO consideramos como tema a destacar tras a sinatura do acordo, que por fin acabamos coa situación de bloqueo que tiña este convenio desde finais do ano 2010.

Acabouse tanto a conxelación salarial, como manter un texto que tan só polo simple paso do tempo era obsoleto nalgúns dos seus artigos.

É un convenio asinado para o que queda deste ano 2018 e o ano 2019, por tanto desde CCOO considerámolo como un convenio de tránsito que nos permite acabar con este bloqueo e empezar a planificar o futuro a curto prazo.

É importante poñer en valor que se desbloqueou o convenio GRAZAS Á VOSA PARTICIPACIÓN, coa asistencia tanto ás mobilizacións que tiveron lugar durante o verán, como ás asembleas nos locais sindicais, deixando claro á luz pública e á Patronal, que este bloqueo tiña que finalizar. Ler máis


Normas e convocatoria para a constitución da Sección Sindical do grupo CTAG

normas ctag

Convocamos a todas as persoas afiliadas e ao corrente de pago á Asemblea da Sección Sindical de grupo CTAG en Vigo,  na que poderán participar dentro do proceso de constitución/renovación da Sección Sindical  de CTAG. Ler máis



Carta á Xunta de Galicia rexeitando a apertura de domingos e festivos no Comercio Galego

apertura domingos e festivos

Unha vez máis, como cada ano, desde a Xunta de Galicia e en cumprimento da lei de horarios comerciais, solicítasenos que entreguemos unha relación de dez domingos e festivos que puidesen considerarse como de posible apertura comercial.
A apertura de domingos e festivos en comercio, permite e fomenta unha loita desigual entre as grandes superficies e o pequeno comercio de proximidade, e coa escusa do incremento de postos de traballo, precariza as condicións das traballadoras e traballadores do sector. Ler máis


Sentenza de Tribunal Supremo en casación para unificación de doutrina pola que se declara exentas de tributación de IRPF as prestacións de Maternidade

reclamación retención maternidade

Adxunto remitimos a Sentenza que o Tribunal Supremo acaba de fallar en unificación de doutrina pola que se declaran exentas de tributación no Imposto da Renda de Persoas Físicas (IRPF) as prestacións de Maternidade da Seguridade Social.

Esta sentenza supón a resolución definitiva do conflito que desde varios anos vén producindo en relación á exención do citado imposto, e que se derivaba da diferente opinión que tiñan da mesma distintos tribunais, recoñecéndoa nalgúns casos e denegándoa noutros

Deste xeito, fíxase como doutrina legal a exención da tributación no IRPF das prestacións de Maternidade da Seguridade Social. Ler máis


A Inspección de Traballo obriga a Fundación a pagalles aos traballadores/as uns 14.000 euros en concepto de salarios e cotizacións sociais

CCOO denuncia a explotación laboral en Proxecto Home Galicia

Proyecto Hombre

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia explotación laboral na Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) e reproba que a dirección utilice as persoas usuarias como «reféns» para presionar os seus propios traballadores e traballadoras. Segundo CCOO, ante a crecente mobilización interna en defensa dos dereitos laborais, a dirección da fundación reaccionou pechando dous centros de traballo, causando un grave prexuízo tanto ao seu persoal como ás persoas usuarias.


Salut Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Conoce tus derechos, trabaja de manera segura

Transparència CCOO

Portal Transparència Serveis CCOO: Els comptes, documents, Estatuts, decisions...

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones