Bloqueo no convenio de oficinas e despachos de Pontevedra
O 19 de marzo celebrouse a última reunión da mesa negociadora do convenio de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra. Unha vez máis a patronal veu dicir que a súa liña vermella é a eliminación da antigüidade e que non se podería avanzar na negociación mentres a parte social non estea disposta a eliminala.
Desde CCOO fomos moi claros desde o inicio da negociación do convenio:
A ANTIGÜIDADE NON SE TOCA!
Existen moitos puntos deste convenio que se deberían abordar, polo que a decisión da patronal de non seguir avanzando na negociación é incomprensible. Algúns esquecen que desde o ano 2012 este convenio leva coas táboas salariais conxeladas e pendente de actualizarse en materia de permisos, igualdade, contratación e demais novidades lexislativas que no convenio quedaron obsoletas.
CCOO anunciámoslles na mesa que iniciaremos mobilizacións progresivas no sector, para esixir un convenio colectivo á altura dos cadros de persoal e que non estamos dispostos a que exista discriminación de salarios en comparación con outros convenios do sector de Oficinas e Despachos existentes en Galicia.
Tensión en DXC Technology: 7 días de folga ante perdas salariais e récords de beneficios
As seccións sindicais de CCOO, CGT, CSI, USO, Intersindical-CSC, UGT nunha das cinco empresas do grupo e CNT fan un chamamento para realizar 7 días de folga no grupo. As 7.500 persoas traballadoras están convocadas a folga os próximos 21 e 22 de marzo, 29 e 30 de abril e 3, 4 e 5 de xuño.
O grupo DXC Technology é unha empresa multinacional que proporciona servizos informáticos e xestión de procesos nas principais empresas do sector bancario, enerxético e administracións públicas de todo o estado. Algúns dos seus principais clientes son: ABANCA, EVO BANCO, Zurich, Mango, MRW, EDP, Carrefour, Caixabank e a maioría das empresas do IBEX 35.
Actualmente, existe un conflito coa compañía polas perdas acumuladas no salario, debido á inflación de ata o 17% nos últimos 3 anos. Ata o momento, as propostas presentadas pola compañía están extremadamente afastadas da posición sindical.
Esta situación contrasta coa presentación de ingresos récord ano tras ano, que sitúa a DXC España como unha das mellores rexións da multinacional a nivel mundial. As diferentes seccións sindicais consideran que estes resultados en boa medida son obtidos pola devaluación dos salarios dos traballadores.
Durante as xornadas de folga realizaranse concentracións e manifestacións reivindicativas da plantilla, así como outro tipo de accións co obxectivo de mover á empresa das súas posicións intransixentes e codiciosas.
En A Coruña levarase a cabo unha concentración diante do Obelisco na Rúa Nova, 2 o día 22 de marzo ás 10:30 horas.
Finalmente, recordamos que no pasado outras folgas na compañía supuxeron problemas de primeira orde na operativa habitual de bancos, loxística e enerxía. Os sindicatos convocantes citaron a DXC ante o Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe para retomar a negociación co resultado de "sen acordo".
Convenio BANCA: A negociación non avanza
Continuamos a celebrar reunións sen avances, deixando patente a estratexia patronal de alargar as negociacións. Lamentamos ver que mentres outras patronais optimizan as reunións con avances significativos ou conseguindo pechar preacordos en materia salarial, AEB continúa xogando a dilatar a negociación, o que xera malestar nas plantillas e non dá traslado á recuperación salarial que é xustificada polos récords históricos das entidades.
Subas salariais que non superan o 9% en 4 anos, penalizando ás persoas con salario exclusivamente de Convenio e maltratando ás persoas con melloras voluntarias. Propostas de medidas de ampliación de mobilidade xeográfica. Esta postura por parte de AEB volve enturbar e tensionar o clima laboral e non axuda a frear a conflictividade laboral na Banca, plasmándose na folga do 22M.
Este 15M CCOO trasladará o seu rexeitamento a esta estratexia ás portas da JGA de BBVA e concentrándose noutras entidades, presión que continuará o 22M na JGA de B. Santander e convocatoria de folga de 24h o mesmo 22M. Os accionistas deben coñecer como tratan ao persoal estas entidades, as cales adolecen dunha Responsabilidade Social Empresarial. AEB é a única responsable de manter o malestar social e ten oportunidade na próxima reunión do 19 de marzo de achegar substancialmente as posicións.
CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS
- 15 MARZO: Xunta Accionistas BBVA
- 22 MARZO: Xunta Accionistas B. Santander
- 22 MARZO: FOLGA EN TODO O SECTOR, se non hai avances na mesa de Convenio.
É POLO TEU SALARIO, É POLOS TEUS PRÉSTAMOS, É POLO CLIMA LABORAL, É POR TI
- COMUNICADO (pdf)
Alcanzamos PREACORDO no Convenio Colectivo de Aforro
O preacordo acadado, no día de hoxe, na mesa de negociación do Convenio Colectivo de Aforro 2024-26, recolle entre outros puntos
Un incremento en 3 anos do 11% - 14% máis un pago único do 3% do Nivel VI Ademais, 3 días adicionais de libre disposición (1 cada ano) Garántese a aplicación dos incrementos de convenio, sen se veren afectados por adaptacións progresivas. Ler máis