V Plenario da Sección Sindical de CCOO no Grupo Banco Sabadell
A Comisión Executiva Federal, na súa reunión do 16 de xaneiro de 2024, aproba o proceso do V Plenario da Sección Sindical de CCOO no Grupo Banco Sabadell e a convocatoria do seu Plenario ordinario de renovación que se celebrará os días 17 e 18 de abril de 2024, así como as normas de funcionamento do mesmo. Ler máis
Ver RELATORIO
Ver NORMAS V PLENARIO ESTATAL SECCIÓN CCOO GRUPO BANCO SABADELL
Ver NORMAS GALICIA e CALENDARIO do plenario. (Próximamente)
Ver DOCUMENTO PRESENTACIÓN CANDIDATURA RESPONSABLE GALICIA
Ver DOCUMENTO PRESENTACIÓN CANDIDATURA DELEGACIÓN PLENARIO ESTATAL
Ver CANDIDATURA RESPONSABLE GALICIA
Ver CANDIDATURA DELEGACIÓN PLENARIO ESTATAL
Ver EMENDAS Á PONENCIA ESTATAL (en caso de presentarse)
Manifestación de SOS Sanidade: Trece medidas urxentes para un sistema sanitario de calidade en Galicia
Hoxe, a Plataforma SOS Sanidade Pública, integrada polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e tamén CCOO Servizos, protagonizou un chamado crucial en Santiago de Compostela. Ás 12:00, desde a Alameda de Santiago, iniciou unha manifestación con propósito claro: urxir a adopción de trece medidas imprescindibles para facer fronte aos desafíos actuais da sanidade en Galicia, construíndo así o sistema de saúde que todos merecemos.
Entre as demandas destacadas, a plataforma require un aumento substancial na atención primaria, asegurando que esta constitúa o 25% do gasto sanitario público, conforme ás directrices da Organización Mundial da Saúde. Ademais, solicita un reforzo significativo de persoal en medicina de familia, pediatría e enfermaría; a apertura de centros de saúde pechados e a creación de novos onde sexa necesario; o incremento do parque de ambulancias asistenciais e medicalizadas; un plan para reducir as listas de espera hospitalarias e garantir que a atención ás persoas dependentes se realice no ámbito da sanidade pública.
Outras peticións inclúen a reversión dos servizos privatizados ao sistema público, con mención explícita ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; a erradicación de prácticas clientelares na xestión; a restauración das xerencias de atención primaria, outorgándolles capacidade resolutiva e orzamento propio; e a reorientación do sistema cara a un modelo comunitario e participativo.
SOS Sanidade tamén insta á elaboración consensuada dun Plan de Saúde Mental; á loita contra a precariedade laboral no sistema sanitario público; e, por último, á "desmedicalización" do sistema, co fin de poñer fin ao uso "irracional e abusivo" de fármacos e novas tecnoloxías.
En resumo, a manifestación non é só un clamor, senón un chamamento á acción e colaboración para construír unha sanidade galega máis robusta, accesible e centrada nas necesidades da comunidade.
Fondo pesar polo falecemento de Francisco Javier León, ex-delegado de CCOO en BBVA
É con profundo pesar que comunicamos o falecemento de Francisco Javier León Suárez, ocorrido hoxe, 01 de febreiro de 2024. Nado o 13 de xullo de 1961, Francisco foi delegado sindical desde o ano 1996 en entidades financeiras como Banco Hipotecario, Argentaria e BBVA ata febreiro de 2023.
A súa dedicación e compromiso co movemento sindical foron evidentes ao longo de décadas, onde traballou polos dereitos e benestar das persoas traballadoras. Francisco foi non só delegado sindical, senón tamén un amigo e compañeiro excepcional. O seu carácter xovial e a súa disposición a axudar en todo momento deixaron unha marca en todas as persoas que tiveron o privilexio de coñecelo.
Coa súa partida, perdemos non só un colega leal, senón tamén un ser humano que sempre estivo ao lado dos seus compañeiros. O seu legado perdurará na memoria daquelas persoas que tiveron o pracer de compartir o seu camiño.
Extendemos as nosas máis sentidas condolencias á familia de Francisco Javier neste momento difícil. Que descanse en paz.
Insuficiente proposta patronal no convenio de oficinas e despachos de Pontevedra
O 26 de xaneiro de 2024 mantivemos unha nova xuntanza donde a patronal presentou unha proposta de suba salarial dun 25% de actualización dos últimos 10 anos, acompañada da conxelación da antigüidade.
CCOO unha vez máis deixamos claro na mesa de negociación que non estamos dispostos/as a conxelar a antigüidade nin a aumentar o seu tope.
CCOO valoramos positivamente que por fin a patronal aporte unha proposta económica seria, sen embargo para CCOO a proposta da patronal ten que ser o punto de partida da negociación dos incrementos dos próximos anos. Como vimos defendendo dende o inicio da negociación, a primeira fase debía pasar por actualizar previamente o IPC dos últimos 10 anos, revisando todas aquelas categorías que estean por debaixo do SMI e a partir de aí negociar a suba salarial.
A próxima reunión será o día 7 de febreiro, donde deixaremos claro que dende CCOO valoramos a proposta da patronal como un punto de partida para negociar os incrementos dos vindeiros anos, pero sen tocar a antigüidade.