Asinado o acordo de Convenio Colectivo de Comercio Téxtil de Ourense
Desde CCOO consideramos como tema a destacar tras a sinatura do acordo, que por fin acabamos coa situación de bloqueo que tiña este convenio desde finais do ano 2010.
Acabouse tanto a conxelación salarial, como manter un texto que tan só polo simple paso do tempo era obsoleto nalgúns dos seus artigos.
É un convenio asinado para o que queda deste ano 2018 e o ano 2019, por tanto desde CCOO considerámolo como un convenio de tránsito que nos permite acabar con este bloqueo e empezar a planificar o futuro a curto prazo.
É importante poñer en valor que se desbloqueou o convenio GRAZAS Á VOSA PARTICIPACIÓN, coa asistencia tanto ás mobilizacións que tiveron lugar durante o verán, como ás asembleas nos locais sindicais, deixando claro á luz pública e á Patronal, que este bloqueo tiña que finalizar. Ler máis
Normas e convocatoria para a constitución da Sección Sindical do grupo CTAG
Carta á Xunta de Galicia rexeitando a apertura de domingos e festivos no Comercio Galego
Sentenza de Tribunal Supremo en casación para unificación de doutrina pola que se declara exentas de tributación de IRPF as prestacións de Maternidade
CCOO denuncia a explotación laboral en Proxecto Home Galicia
Comisións Obreiras (CCOO) denuncia explotación laboral na Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) e reproba que a dirección utilice as persoas usuarias como «reféns» para presionar os seus propios traballadores e traballadoras. Segundo CCOO, ante a crecente mobilización interna en defensa dos dereitos laborais, a dirección da fundación reaccionou pechando dous centros de traballo, causando un grave prexuízo tanto ao seu persoal como ás persoas usuarias.