Arxivat a Noticias, Comunicado breve, Elecciones sindicales, Condiciones de trabajo, Union Comarcal Vigo, Multiservizos
Despois dun proceso electoral marcado por varias impugnacións por parte da empresa
CCOO Servizos gaña as eleccións en Adecco Outsourcing Vigo
A Federación de Servizos de CCOO gañou as eleccións sindicais en Adecco Outsourcing en Vigo. Coa vitoria de Comisións remata un proceso que o sindicato cualifica de "accidentado", pois prolongouse case dez meses.
O proceso electoral foi obxecto de
numerosas impugnacións dada a actitude da empresa, que o "bloqueou e
retrasou" durante meses. Nesta actitude contou coa axuda do sindicato
"corporativo" FASGA, así cualificado nunha sentenza xudicial sobre o
caso.
Malia os atrancos referidos, a
candidatura de CCOO impúxose ás de FASGA, pois logrou catro dos cinco
membros do comité, mentres que unha terceira candidatura, da UGT quedou,
sen representación.
CCOO atribúe boa parte do
éxito da candidatura á "implicación" dos seus integrantes, así como á
"sintonía" coa maior parte do persoal da empresa. Tamén influíu
positivamente que o sindicato presentara recentemente un conflito
colectivo pola bolsa de horas imposta por Adecco.
Da Federación de Servizos de CCOO agradécenlle á candidatura o traballo realizado e ao conxunto do persoal o seu apoio. Reitera, ademais, o compromiso para "erradicar" a precariedade laboral, tanto nesta empresa como nas restantes darama de actividade denominada "multiservizo", cuxos convenios colectivos "condenan" o persoal a soldos de 800 euros ao mes por xornadas de máis de 40 horas e en moitas ocasións bolsas horarias "abusivas".
CCOO agradece ao plantel e á candidatura o apoio recibido e reitera o seu compromiso para erradicar a precariedade laboral e continúa a súa ofensiva nas empresas denominadas "multiservizos" ou "Outsourcing", onde os convenios colectivos propios condenan ao persoal a soldos de 800 euros ao mes por xornadas de máis de 40 horas e en moitas ocasións bolsas horarias abusivas.
Artículos más leídos hoy
Acuerdo de Tarifas y Servicios Bancarios para la Plantilla del BBVA
Delegados y Delegadas de Prevención de Riesgos Laborales en Tecnocom
Decisiones difíciles de entender
Plan de movilidad P.I. Can Sant Joan
Entra en vigor la ley que regula el teletrabajo: qué cambia a partir de ahora
La dirección de la Paradores anula la posibilidad de JUBILACIONES PARCIALES AL 75% para los años 2022 y posteriores.









