As melloras producidas nos apartados acordados sobre o establecido ata o momento, que ao tratarse dunha empresa sen convenio regulador, eran as establecidas no Estatuto dos Traballadores, son as seguintes:
Permisos retribuídos:
-
Por matrimonio de pais, pais políticos, fillos, irmáns así como dalgunha outra persoa que conviva co traballador: 1 día natural
-
Por nacemento de fillo: 3 días laborables.
-
Por falecemento de cónxuxe ou fillos: 10 días naturais.
-
Por falecemento de pais ou irmáns: 5 días naturais.
-
Por falecemento de familiares de 1º e 2º grao por afinidade: 3 días naturais.
-
Por hospitalización ou intervención cirúrxica de pais, cónxuxe ou fillos: 4 días naturais
-
Por hospitalización ou intervención cirúrxica de familiares ata 2º grao de afinidade: 3 días.
-
En todos os casos de licenzas, que se requira un desprazamento de máis de 40 Km. ao centro hospitalario aumentarase 1 días natural ou 2 días se se producise fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Por asistencia a consultorio médico 13 horas anuais salvo por enfermidade grave ou médico especialista que será polo tempo indispensable e sen límite. Destas 13 horas non se detraerán as ausencias por indisposición acaecida durante a xornada de traballo xustificadas con xustificante médico.
-
tempo indispensable para acompañamento de familiares de 1º grao ou irmáns a sesións de radio/quimio terapia.
-
Por acompañamento ao médico de fillos menores de 14 anos cun límite de 16 horas anuais, salvo por enfermidade considerada grave que non tería límite.
Plus de distancia/desprazamento para aqueles traballadores cuxo domicilio diste do centro de traballo máis de 40 Km., 20 eur. mes, ou entre 40 e 60 Km. 25 eur.mes, ou máis de 60 Km. 30 eur.mes.
Establécese a posibilidade de mobilidade xeográfica aos límites da provincia de Pontevedra.
Establécese o pago da nómina o primeiro día hábil de cada mes.
Por último, agradecer e recoñecer o gran traballo da representación de CCOO neste Comité de Empresa e animar aos seus integrantes a seguir nesta liña.