Pensaron que CCOO nos sumariamos porque segundo dicían "era o mellor aínda que non estaban do todo de acordo". Pois ben, grazas á nosa firme decisión de non asinar inicialmente e á nosa presión conseguimos:
- Pasar dese 2% en dous anos a un 6.5% en tres cun incremento no 2022 do 2.5 % (xa superior ao asinado para toda a vixencia do acordo que se ía a asinar) ademais do 1% con carácter retroactivo a 1 de Xaneiro do 2021 e un 3% para o 2023 tamén se incrementa a 19.000 € o importe dos salarios non compensables e absorbibles.
- Fixación do vital compromiso de empezar a negociar desde xaneiro mesmas melloras de condicións e unificación das mesmas nos distintos territorios.
Para CCOO Servizos é un paso cara ao camiño de conseguir unhas condicións dignas nun momento en que todas as persoas que traballamos no grupo Eroski demostramos o noso compromiso nos momentos duros da pandemia, se non loitamos polos nosos dereitos ninguén nolos vai a regalar.
Por todo isto CCOO asina o convenio:
- Subida Salarial: 1 xaneiro 2021: 1%, 1 xaneiro 2022: 2.5 %, 1 xaneiro 2023: 3 %
- Contía mínima para compensación absorción 19.000€
- Licenzas en días laborais
- Reunións de traballo periódicas para ir negociando materias e poder introducilas no convenio
Desde CCOO sempre mantivemos a mesma postura, como demostran os nosos comunicados, esperemos que o resto faga o mesmo.