Archivado en Comunicado breve, Negociacion Colectiva, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Vigo, Accion sindical

Se continúa a degradación dos salarios, haberá conflito laboral e social
As empresas seguen repercutindo a suba do IPC aos prezos dos seus produtos; cargan todo o peso da inflación na cidadanía, aproveitando a alza para elevar tamén a marxe de beneficio por unidade produtiva, o que provoca un forte efecto de segunda rolda tanto na inflación subxacente, 5,5 %, como na xeral, 10,2 %. Ler máis
Ante esta situación, temos que seguir mobilizando para conseguir que os convenios garantan o poder adquisitivo dos salarios coas imprescindibles cláusulas de garantía salarial.
A inflación avanzada do mes de xuño déixanos unha subida do 1,8 %, e coloca a alza dos prezos nun 10,2 % interanual e a inflación subxacente nun 5,5 %. Os preocupantes datos veñen ratificar a necesidade de fortalecer o desenvolvemento da negociación colectiva, no que a protección do incremento dos salarios, determinantes para o sustento e a dignidade da cidadanía, se garanta con cláusulas de revisión salarial para manter o poder de compra das persoas traballadoras e, con iso, unha vida digna. Esixencia que non só é de xustiza, senón fundamental para manter a economía e o emprego.
Doutra banda, desde UGT e CCOO consideramos que o Goberno ten que apostar por medidas que conteñan os prezos, de forma especial os dos produtos de consumo básicos, e abordar políticas centrais redistributivas, como a fiscalidade, desde a negociación e o acordo no ámbito do diálogo social, ausentes na inquietante situación que atravesamos.
As medidas adoptadas polo Goberno avanzan na dirección correcta; porén, cremos que unhas non son suficientes e outras non están a ter o efecto previsto.
En todo caso, si tiveron un impacto positivo na contención dos prezos do gas e a electricidade, pero non serviron para frear os da gasolina e carburantes en xeral, polo que cómpre tomar medidas de contención de prezos que eviten que as subvencións efectuadas polo Goberno acaben absorbidas polas grandes petroleiras, como está a ocorrer, en lugar de repercutir no benestar da cidadanía.
Non nos imos resignar ante este escenario, onde o empresariado deste país pretende que recaia sobre a clase traballadora o custo da crise de prezos xerada pola suba dos prezos enerxéticos e agravada coa guerra de Ucraína.
As organizacións empresariais negáronse a acordar referencias para a negociación colectiva no marco do AENC, co obxectivo de frear o acordo nos convenios colectivos pretendendo a conxelación salarial. Por iso, debemos seguir coa nosa estratexia, en contacto directo coas persoas traballadoras, para poñer en valor a negociación colectiva, recuperar dereitos e mellorar os salarios para mellorar a calidade de vida. Demandamos das organizacións empresariais corresponsabilidade e altura de miras.
Por iso, desde UGT e CCOO imos dar a batalla para garantir o poder adquisitivo dos salarios.
Tivemos unha gran mobilización o 9 de xuño en Madrid, agora toca saír á rúa de novo en todas as comunidades autónomas o 6 de xullo.
As patronais teñen que saber que seguiremos apoiando o número considerable de folgas e conflitos sectoriais e de empresas ao longo e ancho do país, motivados pola cerrazón e avaricia do empresariado, en defensa dos nosos convenios colectivos e dos nosos salarios.
PORQUE SE NON HAI SUBA SALARIAL POLA VÍA DA NEGOCIACIÓN E DO ACORDO, HABERÁ CONFLITO
Acuerdo en materia de permisos y ausencias en horario de trabajo en Rural Servicios Informáticos, S.C.
06-07-12 Para CCOO es imprescindible que se sepa cómo hemos llegado hasta aquí
Ampliación permiso de paternidad
Calcula tus retenciones de IRPF del año 2005
Continúan las movilizaciones en defensa del Convenio Colectivo de los Servicios de Prevención Ajenos
Calcula les teves retencions d'IRPF de l'any 2005