Archivado en Comunicado breve, Nota de prensa, Salario, Unión Comarcal A Coruña, Hostalaría, Accion sindical

CCOO advirte que o peche patronal anunciado pola Asociación de Hostelería da Coruña non pode afectar aos dereitos laborais
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia advirte que o peche patronal anunciado pola Asociación de Hostelería da Coruña para o vindeiro luns, 28 de marzo, non pode afectar aos dereitos laborais. O sindicato aclara que este paro non é unha folga de traballadores e traballadoras asalariadas, senón unha medida promovida polas empresas, de maneira que non pode ter impacto ningún nas condicións de traballo.
Entre outras cuestións, CCOO-Servizos recalca que esta decisión empresarial non pode repercutir nos salarios das persoas traballadoras nin no seu dereito ao descanso semanal ou día libre correspondente; tampouco cabe ningún desconto nas nóminas, nin modificación de xornada ou compensación con día de libranza establecido.
En resumo, a Federación de Servizos de CCOO non vai consentir que un peche patronal, xestionado de forma unilateral e por iniciativa das empresas, «se leve a cabo á custa do salario e o dereito ao descanso do persoal da hostalaría».
Por esta razón, CCOO-Servizos ponse ao dispor de todas as persoas traballadoras para que, en caso de incumprimentos, «nos comuniquen as incidencias co fin de denunciar ante a Inspección de Traballo as irregularidades ou ilegalidades cometidas».
Información ante alerta meteorológica
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Calendario Laboral 2025. Publicado en el BOE
Publicación en el BOCM del nuevo Convenio de Oficinas y Despachos 2025-26
Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social
Convenio Colectivo de Comercio Textil de la Comunidad de Madrid