Archivado en Nota de prensa, Empleo, Comercio, Hostalaría, Comercio Galicia, Accion sindical

CCOO insta as administracións locais e autonómica a que acorden en diálogo social medidas de choque polo emprego
Desde a Federación de Servizos, que engloba os sectores de hostalaría e comercio, especialmente afectados pola pandemia, propomos que todas as Administracións poñan en marcha medidas para soster o emprego e o tecido produtivo, e reclamámoslle tamén ao Goberno de España melloras na coordinación.
CCOO expón unhas liñas de proposta para debater desde a Administración pública, tanto nos marcos de diálogo social autonómico, como desde a Administración local, con fin de evitar que se siga destruíndo emprego e tecido produtivo.
Para o sindicato é unha prioridade absoluta evitar que se perda tecido empresarial, polo que se propón apostar por mecanismos de financiamento, axudas, moratorias e liquidez, que permitan o sostemento das empresas, maioritariamente de autónomos e pemes, pero en termos recíprocos: as empresas deben comprometerse a soster o emprego. Ler máis
CCOO considera que estas axudas deben estar equilibradas, é dicir, que existan axudas directas tanto para empresas como para os sectores e as persoas traballadoras. As propostas de CCOO articúlanse nos distintos niveis de actuación: laboral, seguridade sanitaria, fiscal e institucional. Entre elas, destacamos:
• Axudas para a contratación de persoas que quedaron no paro por mor da COVID-19.
• Promover medidas de mediación para renegociar temporalmente o prezo do alugueiro cos propietarios dos inmobles.
• Subvencións para a modernización e dixitalización.
• Axudas a empresas de sectores relacionados co turismo e a súa actividade.
• Mecanismos para adiar o pagamento de débedas tributarias de pemes e autónomos, así como adiamento temporal, reducións ou eliminación temporal dos pagamentos dos impostos locais.
• Axilizar a liquidación de axudas económicas ás pemes e autónomos.
• Programas para fomentar o consumo na hostalaría e o comercio local.
Entendemos que estas axudas deben ir ligadas a unha serie de requisitos por parte das empresas:
• Que non foran sancionadas pola inspección de traballo (fraude ERTE).
• Que estean ao día no pagamento de nóminas, obrigas con Facenda e Seguridade Social.
• Que teñan plans e medidas de seguridade na empresa e favorezan a igualdade, a conciliación e non discriminación por razón de sexo, amais dun compromiso co medioambiente e a saúde pública.
Información ante alerta meteorológica
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Calendario Laboral 2025. Publicado en el BOE
Publicación en el BOCM del nuevo Convenio de Oficinas y Despachos 2025-26
Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social
Convenio Colectivo de Comercio Textil de la Comunidad de Madrid