Archivado en Comunicados, Nota de prensa, Jornada, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

Unicamente se está a beneficiar desta medida El Corte Inglés, á custa do descanso do seu persoal e en detrimento doutros establecementos
Carta á Xunta de Galicia: A liberdade horaria no comercio non é xusta
Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia remitimos un escrito ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, para insistirlle na necesidade de derrogar a resolución do pasado 15 de marzo sobre liberdade de horarios de establecementos de primeira necesidade. Cuestionamos á Xunta de Galicia que manteña en vigor un texto que unicamente beneficia a El Corte Inglés. «Unha norma que favorece só unha empresa non é xusta nin racional», salienta a organización sindical.
O acceso aos bens imprescindibles xa está garantido polo Real decreto en que o Goberno central declarou o estado de alarma, así como na garantía expresada en múltiples comunicados das grandes distribuidoras de alimentación.
A maioría das empresas do sector tomaron a decisión de reducir o seu horario comercial, co fin de poder atender tanto a reposición de mercadoría, como a desinfección dos centros, e así preservar as garantías de saúde do persoal e dos propios clientes, «cuestión prioritaria nestes momentos».
Actualmente, ao abeiro da dita resolución da Xunta só abre os domingos El Corte Inglés, polo que esta empresa está a alentar a xente a que tamén acuda ese día da semana a facer a compra, malia que «o importante é que prevaleza a mensaxe á cidadanía de quedar na casa».
Así mesmo, a norma promove a «competencia desleal entre formatos comerciais», xusto no peor momento para moitas empresas «que xa se encontran en situacións económicas moi delicadas».
Rexeitamos que El Corte Inglés estea a facer negocio á custa do descanso do seu propio persoal, non só abrindo os domingos, senón tamén o pasado 10 de abril (Venres Santo), en que a empresa traballou a porta pechada. Ese persoal non ten nin terá dereito a ese descanso.
Acuerdo en materia de permisos y ausencias en horario de trabajo en Rural Servicios Informáticos, S.C.
06-07-12 Para CCOO es imprescindible que se sepa cómo hemos llegado hasta aquí
Ampliación permiso de paternidad
Calcula tus retenciones de IRPF del año 2005
Continúan las movilizaciones en defensa del Convenio Colectivo de los Servicios de Prevención Ajenos
Calcula les teves retencions d'IRPF de l'any 2005