Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Comercio, Comercio Galicia

Convenio Comercio do Metal da Provincia de Pontevedra: avances na negociación


Convenio Comercio Metal Pontevedra

Por fin, e sen tempo non era, empezamos a negociar de verdade o convenio de comercio metal da provincia de Pontevedra.

A patronal fixo unha formulación na mesa de negociación para eliminar o actual concepto de antigüidade, abonando un incremento superior dos salarios e consolidando as cantidades que veñen percibindo por este concepto á data de conxelación.

Tras dúas sesións de negociación na que as formulacións da patronal foron cambiando, a última proposta que saíu da reunión do pasado día 8 de setembro é a que vos trasladamos: segue




Proposta da patronal a 8 de setembro de 2017.

  • Vixencia 5 anos (2015 a 2019).

  • Eliminación do concepto da antigüidade con efectos do 31 de decembro de 2017. A partir desa data déixanse de xerar cuadrienios e a cantidade que lle resulte ás persoas que a veñen cobrando só se incrementará na mesma porcentaxe que o faga o salario basee.

    • Incremento, a máis do que se acorde para cada un dos anos, do 1,5% os catro primeiros anos (En total o 6%).

    • Respéctanse os períodos intermedios co seu valor (1,25% cada ano a máis que se teña do cuadrienio).

  • Incremento en todos os conceptos económicos.

    • Anos 2015 e 2016: sen incremento.

    • Ano 2017: 2%

    • Anos 2018 e 2019: 1,25% cada ano

    • Cláusula de revisión ao IPC real de cada ano sen carácter retroactivo.

  • Incluír o redactado dos contratos de formación no Convenio.

  • Vacacións: 22 días laborais.

  • Licenzas:

    • Incluír as parellas de feito na licenza de 15 días por matrimonio.

    • A Licenza do apartado C establecela para familiares ata 2º grao.

  • Seguro de accidentes de 20.000 ?

  • Incluír as empresas de multiservizos no convenio.

  • Redactar Comisión Paritaria e Cláusula de descolgue.

  • Revisión do redactado do Convenio.


Pola representación sindical, a falta de facer unha valoración económica da súa proposta de eliminación da antigüidade, expuxéronselle outra serie de cuestións que non foron aceptadas:

Asistencia ao médico do interesado e acompañamento a fillos ata 16 anos.

Asistencia ao médico do interesado e acompañamento a fillos ata 16 anos.

  • Vacacións: 27 días laborais e unha bolsa de 300 eur no caso de que non se gocen as de verán.

  • Licenzas:

  1. Asistencia ao médico do interesado e acompañamento a fillos ata 16 anos.
  2. A lactación establecela ata 12 meses e a súa acumulación nun total de 21 días.
  • Complemento de IT ao 100% da retribución do traballador.

A representación de CCOO na mesa de negociación valoramos positivamente que por fin se empezou a negociar, pero mantemos as nosas reservas sobre a proposta económica que fai a patronal para eliminar o concepto de antigüidade. Para CCOO a posibilidade de eliminar este concepto pasa por un incremento económico que o compense e establecer melloras sociais importantes no convenio.

A negociación continúa nunha data aínda sen definir neste mes de setembro na que poderemos xa ter máis ou menos claro se hai ou non posibilidades dunha firma próxima do convenio.