Archivado en Condiciones de trabajo, Comunicados convenio, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Comercio, Comercio Galicia

Prodúcese a quinta reunión da mesa negociadora

A Patronal impide avanzar na negociación do Convenio Comercio-Alimentación de Pontevedra


 Trala quinta reunión da mesa negociadora temos que informarvos que non hai ningún avance de importancia. Polo de agora presentamos e detallamos as plataformas de cada un dos sindicatos presentes na negociación (CCOO, CIG, UGT e USO) e recibimos as pretensións da patronal.

O problema que está a dificultar a negociación é a falta de acordo entre as dúas patronais presentes na mesa sobre cal é a representatividade que ten cada unha de elas. CC.OO. entendemos que este é un asunto que deben resolver eles fora da mesa e que non debe entorpecer a negociación. Esperamos que na próxima reunión poidamos comezar a falar do que realmente nos preocupa, sacar adiante este convenio, e se deixen de disputas internas que non traen nada positivo.

Comunicado


Por parte de CC.OO. a nosa plataforma está baseada en catro cuestión principais que resumimos, pondo a voso dispor a plataforma completa si así o requirides:

  • Incremento salarial: Incremento lineal de 35? por cada ano de vixencia, revisión salarial, desconto en compras do 15%, plus de quebranto de moeda para aqueles traballadores/as que nas súas funcións teñen o manexo de cartos.

  • Xornada de traballo: Xornada máxima anual de 1753 horas, reducir e regular a posibilidade de distribución irregular da xornada, acumulación do permiso de lactación en 24 días naturais, posibilidade de redución de xornada por fillos de ata 14 anos, recuperación dos festivos que coincidan en vacacións, mellora das licencias, excedencia voluntaria con reserva do posto de traballo e implantación obrigatoria de un sistema de control de entrada e saída.

  • Emprego e contratación: Regulación da contratación a tempo parcial establecendo horarios estables que permitan a posibilidade de traballar noutro lugar para ampliar a xornada de traballo, consolidación de horas complementarias e fixación dun prezo superior ao da hora ordinaria e xornadas continuadas para este tipo de contratación.

  • Categorías: pretendemos que se recoñezan no convenio os postos das seccións (carniceiro/a, Chacineiro/a, pescadeiro/a e froiteiro/a), así como que se continúe e mellore a promoción profesional do artigo 3.

Temos tamén un posicionamento por parte de unha das patronais que pretenden o seguinte:

Retirar o artigo de promoción profesional, incrementar as posibilidades de utilización do contrato por obra ou servizo, establecer a xornada de traballo de luns a domingo, establecer a posibilidade de acumular o descanso semanal tendo que traballar mais días seguidos, limitar as vacacións en verán e decembro nas zonas de costa, reducir substancialmente o recargo das horas extras, eliminación da antigüidade, reducir o complemento nos casos de IT o 75% durante o primeiro mes da baixa, incremento salarial sen especificar, ..... En resumen, empeorar as condicións de traballo, reducir o salario, dificultar a conciliación da vida laboral e persoal e poñer o convenio case a altura do Estatuto dos Traballadores, o que dende CC.OO. non imos permitir.

As conclusións que sacamos en CC.OO. despois de estas cinco reunións é que nos enfrontamos a unha negociación complexa cunha situación anómala na parte patronal que, de non resolverse pronto, podería alongar máis do necesario a posibilidade de asinar un convenio que mellore as condicións de traballo. Non nos preocupan os posicionamentos iniciais da parte empresarial porque consideramos que estamos en condicións de rexeitalos. Os delegados e delegadas xunto con a organización sindical de CC.OO. poremos todo da nosa parte para defender e sacar a diante a nosa plataforma.


https://www.ccoo-servicios.es/galicia     https://www.facebook.com/ServizosCCOO/