-
Incorporamos unha cláusula de revisión salarial.
Que permite que se garanta poder adquisitivo, regularizando o IPC a final de vixencia
-
Incluímos por primeira vez a obrigación de formar as persoas para facelas máis profesionalizadas.
Aquelas empresas que non acrediten a aplicación de plans de formación ao seu persoal, deberán abonar un Plus de Formación de 20€/mes por Traballador/a.
-
Garantimos que as posibles subidas de SMI non se coman os incrementos salariais.
Se hai incremento de SMI en 2023 e 2024, actualízanse as táboas e logo aplícase a subida salarial, co que os salarios de hostalería en Lugo sempre estarán por encima do SMI, acabando cunha situación de anos, na que moitas categorías estaban condenadas a un salario precario.
-
Melloramos a conciliación da vida laboral e familiar nun sector onde esta conciliación é complicada.
Incluíndo unha licenza polo tempo necesario para acompañar ao médico a descendentes ata 15 anos e ascendentes de 1º grao ou sen grao que convivan co traballador/a e con dependencia xustificada.
Ou que as licenzas retribuídas se poidan gozar días alternos mentres dure o feito causante.
-
Incorporamos unha cláusula de desconexión dixital.
Que obriga ás empresas a evitar as chamadas de teléfono ou WhatsApp fora do horario laboral e que mantiñan as persoas continuamente pendentes do teléfono no seu tempo libre
-
Incluímos un protocolo de atuación contra ou acoso sexual, por razón de sexo e psicolóxico.
Non era de recibo que, a estas alturas, non se contemplasen actuacións que evitasen calquera comportamento, que teña o propósito ou produza o efecto de atentar contra a dignidade das persoas.
-
Por último, incluímos unha garantía de aplicación da lexislación en materia de contratación ao ALEH (Acordo Laboral Estatal de Hostalería).
Cunha Disposición Adicional que se compromete a realizar as modificacións parciais que resulten necesarias ao fin de asumir os acordos alcanzados ao respecto.
En resumo, podemos dicir que nun momento complicado para o sector, tras uns anos moi duros, alcanzamos un acordo que mellora substancialmente as condicións do persoal do sector da hostalería en Lugo.