Archivado en Comunicado breve, Negociacion Colectiva, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Unión Comarcal A Mariña, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Comercio, Comercio Galicia

Póñense de manifesto sensibles diferencias nas condicións laborais entre distintos colectivos

CCOO-Servizos traballará para homoxeneizar condicións laborais en Inditex


A Federación de Servizos de CCOO de Galicia organizou este martes unha reunión coa representación legal do grupo de empresas de Inditex para marcar criterios de unificación da negociación e tamén traballar na homoxeneización das condicións laborais.

Segundo CCOO-Servizos, existen diferenzas salariais e en materia de dereitos sociais entre o persoal destas empresas, incluso no caso das encadradas na mesma comunidade autónoma. En concreto, o sindicato destaca as diferenzas entre o colectivo de traballadores e traballadoras da rede de tendas respecto do departamento loxístico da empresa.

CCOO-Servizos quere pór fin a esta «discriminación», xa que o persoal das tendas é, a final de contas, «a imaxe da marca Inditex». Por iso, esta federación traballará seguindo o criterio de unificar as condicións laborais no ámbito autonómico, co obxecto de reducir as diferenzas ata que desaparezan.

O sindicato tamén «traballará arreo» para combater a precariedade e a eventualidade na empresa, xa que un dos principios básicos de CCOO é a defensa do emprego digno e de calidade «e así se vai esixir en canta mesa de negociación houber».