CCOO gañou as eleccións sindicais ao ter sido elexidas as tres delegadas de personal que se presentaron, quedando a CIG sen representación.
CCOO mellora os resultados obtidos nas anteriores eleccións en Sport Street S.L., empresa da que provén Décimas SLU, despois da segregación en distintas marcas.
Cabe salientar que o plantel é maioritariamente feminino e que estre feito se reflectiu na elección das representantes. CCOO quere expresar o seu agradecemento ás persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza nas Comisións Obreiras.